Enrique Vigo Teijeiro, nado en Ferrol en 1914 e finado en Barallobre (Fene) o 16 de xaneiro de 2008, foi un militar e escritor galego.
Traxectoria Con 18 anos ingresou na Mariña e foi destinado ao cruceiro Almirante Cervera. Catro anos despois, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 optou polo bando republicano. Foi apresado, retido e xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do Cervera) o 8 de xaneiro de 1937.La Voz de Galicia, 9-1-1937, p. 2. Foi condenado a cadea perpetua e estivo encarcerado en Cádiz ata que foi liberado en 1942. Á saída entrou en contacto coa guerrilla antifranquista, coa que colaborou ata que o detiveron en 1950. Xulgado en consello de guerra en Ferrol o 18 de marzo de 1952 con outros 42 enlaces da guerrilla,"Cuarenta y tres paisanos acusados de ayuda a los bandoleros", La Voz de Galicia, 19-3-1952, p. 5. foi condenado a doce anos de prisión. Encarcerado en Dueso (Santoña), foi liberado en 1956.
Regresou a Fene e incorporouse ao traballo auxiliar da industria naval.
Obras Memorias dun antifranquista, Edicións Embora, 2004.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia