Basille é unha pequena aldea da parroquia de Santiago de Pousada, no concello de Baralla. Segundo o IGE en 2010 tiña 12 habitantes (7 homes e 5 mulleres).
Poboación Basille ten dez casas das que oito están habitadas: Casa de Álvaro (abandonada), Casa de Mateo, Casa de Ventosinos, Casa de Prieto, Casa de Vilela, Casa dos Touzón (tamén chamada Casa do Souto), Casa do Civil, Casa de Ayán (deshabitada), Casa de Touville e o pazo de Casa da Torre.
Antigamente tiña un colexio pero actualmente está pechado.
Economía A principal actividade económica é a gandería, con boa parte dos prados con regadío.
Flora Toda a aldea posúe boa superficie de arboredo sendo o castiñeiro a árbore que máis abonda. E en canto a árbores froiteiras a que máis abonda é a maceira.
Lugares e parroquias Lugares de Pousada
Parroquias de Baralla
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Baralla
Categoría:Lugares de Baralla