Francia está nunha transición entre unha economía cunha intervención estatal substancial, e unha economía de mercado moderna. Grandes áreas de terreos fértiles, a aplicación de tecnoloxía moderna e subsidios fixeron de Francia o principal produtor agrícola da Europa Occidental.
O país destaca na industria automobilística, aeronáutica, e con gran recoñecimento na súa industria alimenticia, ademais de sectores de tecnoloxía punta, especialmente informática.
É case autosuficiente en minería, con alta produción de petróleo e carbón mineral.
O Estado mantén unha considerábel influencia sobre segmentos chave do sector de infraestruturas, con cotas maioritarias en firmas ferroviarias, de electricidade, de aviación e de telecomunicacións, diminuíndo gradualmente o control sobre estes sectores dende o inicio da década de 90. O Estado continúa a vender participacións en France Télécom, en Air France, e nas industrias de seguros, bancaria e de defensa.
Francia xuntouse a outros 10 países membros da UE para lanzar o euro o 1 de xaneiro de 1999, cuxas moedas e billetes substituíron por completo o franco francés no inicio de 2002.
Francia é considerado un país do primeiro mundo polo seu nivel de vida. O país é a 6º (ou 5ºFrancia foi superada por China no ano 2006 en termos de Produto Interior Bruto. Dende que a paridade de cambio euro/libra cambiou fortemento no ano 2008 (a libra esterlina devaluouse fortemente en beneficio do euro, chegando ao seu punto máis baixo en 10 anos), Francia superou ao Reino Unido na listaxe das principais economías mundiais. Esta clasificación vén dada polo Director do Instituto Nacional de Investigación Económica e Social, e o Instituto de investigación británico. Vexa Financial Times 11 de xaneiro do ano 2008) potencia económica mundial, por detrás dos Estados Unidos de América, o Xapón, Alemaña, a China e o Reino Unido. Cos seus 551.602 quilómetros cadrados na metrópole e os seus 64 millóns de habitantes, incluíndo aqueles que habitan nos territorios de ultramar, Francia non pode considerarse coma un "gran" país a nivel mundial. Porén, o seu peso económico foi capaz de facerse un papel importante na escena internacional. A República Francesa logrou beneficiarse dos seus bens naturais intanxibles, da súa situación xeográfica e dos principais puntos de venda dos maiores fluxos comerciais da Europa Occidental: o Mediterráneo, a Canle da Mancha e o Atlántico.
Sector primario
As principais actividades do sector primario son a agricultura, a pesca, a explotación forestal, a explotación mineira e a gandería.
Agricultura
miniatura|esquerda|250px|Francia é o segundo produtor mundial de uva, cunha produción de 7 800 000 toneladas segundo a FAO; Na imaxe, vides preto de Myans en Ródano-Alpes Cun 23% da produción agrícola europea (1999), Francia é o principal produtor agrícola da Unión Europeahttp://www.diplomatie.gouv.fr/fr/france_829/decouvrir-france_4177/france-a-z_2259/economie_2624/les-grands-secteurs-economiques_5945.html Les grands secteurs économiques Os grandes sectores económicos Ministerio francés de asuntos exteriores. Os seus principais competidores son Italia (15,4%) e Alemaña (15,2%). Os produtos máis importantes do sector agrícola galo son os cereais (millo e trigo), o azucre, o viño, os produtos lácteos, as froitas, os legumes e os produtos cárnicos.
Nas últimas décadas, o sector sufriu unha modernización considerable que contribuíu ao crecemento da súa produción. No entanto, a poboación activa agrícola continúa minguando. Porén, a poboación agrícola está a vivir un período de rexuvenecemento debido ao abandono das explotacións familiares e ás xubilacións anticipadas. No ano 200 o 53% dos propietarios de explotacións agrarias tiñan menos de 50 anos, fronte ao 42,6% no ano 1988.
As actividades agrarias ocupan 28 millóns de hectáreas do país, ou o que é o mesmo, o 60% da Francia metropolitana. Desta cifra, tan só o 50% corresponde a terreos cultivados, o restante corresponde ás explotacións forestais e aos terreos urbanos.
No ano 2000, segundo os datos do INSEE (Instituto nacional de estatísticas e de estudos económicos), o valor porcentual correspondente a cada unha das actividades que abrangue o sector agrario francés era o seguinte: Produtos vexetais diversos (vexetación forraxeira, plantas e flores): 10,8 % Froitas e legumes: 10,4 % Outros produtos animais (leite e produtos lácteos, coellos etc.): 13,3 % Produtos avícolas: 6,4 % Gando: 18,4 % Plantas industriais: 6,8 % Cereais: 15,5 % Viño: 14,2 % Servizos (agroturismo etc.): 4,2 %
En termos de produción, o gando, con 11,9 millóns de euros no ano 2000, atópase á cabeza en canto a ganancias, por diante dos cereais (10 millóns por 66 millóns de toneladas) e o viño (8,9 millóns de euros). Con 22,6 millóns de litros no 2000, a produción leiteira de Francia, malia recuar fronte as cifras do ano 1990, representa unha quinta parte do total europeo. A produción agrícola tamén se atopa detrás dun importante sector de industrias de procesamento de alimentos que, no ano 1999, abranguía un total de 3.000 empresas que empregaban a 370.000 traballadores, dos cales 122.000 adicábanse á industria dos produtos cárnicos.
Pesca Malia representar unha pequena porcentaxe do sector primario europeo e mundial, o sector pesqueiro galo captura 643.000 toneladas de peixe (2003), ocupando o 3º posto en número de capturas por detrás de Dinamarca (1 031 000 t) e España (897.000 t), e por diante do Reino Unido (641.000 t). En euros, o país ten un volume de capturas por valor de 1,144 billóns de euros (2003). A frota pesqueira do país componse duns 7.880 buques (2.468 atópanse nos territorios de ultramar), representa o 9% da UE e dá traballo ao redor de 20.500 persoas. Mentres o sector pesqueiro perde peso e importancia no sector primario galo, o cultivo de bivalvos, principalmente de ostra e mexillóns non deixa de medrar, duplicándose a súa produción dende a década dos 80.
Silvicultura 300px|miniatura|Imaxe satélite de Francia. Os bosques aparecen en verde escuro No tocante ao sector madeireiro, a produción de madeira no país ascendía a 36,2 millóns de metros cúbicos no ano 1999. Esta industria abastece de materia a unha importante cadea de industrias que traballan coa madeira ou os seus derivados (papel, cartón, artigos de madeira etc.), e que emprega a uns 100.000 traballadores no país.
En Francia, os bosques ocupan 147.000 quilómetros cadrados, ocupando aproximadamente o 27% do territorio nacional (2003). A taxa de superficie forestada medrou substancialmente dende o século XIX, grazas ós intensos programas de reforestación do territorio. Isto foi posible malia a industrialización, urbanización, desenvolvemento das infraestruturas e a intensificación agraria, que axudou a liberar grandes superficies de terra.
Tres cuartos da superficie forestal francesa atópase baixo propiedade privada, pertencendo o 10% ao estado. O resto pertence aos poderes locais, comunas, departamentos e rexións. Estes bosques son xestionados pola Office National des Forêts.
As coníferas representan o 40 % do total, dos cales o piñeiro (Pinus pinaster), co 24% é o principal, seguido polos abetos (Picea abies e Abies alba), ámbolos dous cun 20% e o Pinus sylvestris, co 17%. Entre as frondosas (60%), as principais especies son o carballo albar (Quercus petraea) co 21%, o carballo común (Quercus robur) co 20%, a faia (Fagus sylvatica) co 19%, o castiñeiro (Castanea sativa) co 8% e o carpe (Carpinus sp) co 7%.
Sector secundario
No ano 2006, o sector secundario representaba o 20,6% do PIB francés e ocupaba ao 24,4% da poboación activahttps://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/fr.html#Econ France sur CIA factbook. O sector secundario francés considérase estratéxico xa que ofrece emprego a enxeñeiros e a aqueles que traballan en I+D e empresas do sector terciario.
O sector secundario inclúe a industria manufactureira e a construción.
Industria O país galo é unha das meirandes potencias industriais do mundo. En diversos eidos, varios grupos franceses ocupan o primeiro posto fronte aos seus competidores estranxeiros. Este é o caso de L'Oreal ou Michelin.
Malia unha dominación do sector de servizos, as oficinas de proxectos, as sociedades de enxeñería e o "terciario tecnolóxico", as novas formas de industrias están moi diversificadas e son competentes nos dominios onde as estruturas se adaptaron ás coaccións do mercado (industria aeroespacial, telecomunicacións, microinformática), e a miúdo atópanse en asociación con compañeiros europeos.
As ramas que aspiran aos números máis grandes de empregados son as industrias da mecánica, da electricidade e da electrónica (o 25 % en 1998), o traballo dos metais (11,7 %) e a madeira - papel-imprenta- editoriais (10,2 %). Tamén, o automóbil ocupa unha praza particular cuxa produción anual, da orde de 5 millóns de vehículos, é asegurada por uns 300.000 asalariados de grandes grupos (Peugeot-Citroën, Renault).
Co 88% das súas empresas con menos de 200 asalariados en 1998, a industria francesa está pouco concentrada. Hai que considerar que á beira de grupos grandes e moi grandes, coexisten e prosperan as pequenas e medianas empresas (PME : Petites et Moyennes Entreprises) moi numerosas e que a miúdo exercen actividades de subcontratación.
Produción de enerxía
miniatura|A central nuclear de Cattenom en Moselle miniatura|A Enerxía eólica: Muíño de vento A industria nuclear francesa constitúe, hoxe en día, un dos sectores punteiros da economía do país, e un dos piares da súa política enerxética. Francia é o segundo produtor de enerxía nuclear tralos Estados Unidos. Con 58 reactores nucleares, explotados por EDF, Francia posúe o segundo maior número de centrais trala potencia americana; en canto á participación da enerxía nuclear sobre o total da enerxía producida, cun 79%, Francia ocupa o primeiro posto a nivel mundial.
Repartición da produción de electricidade total no ano 2005La production d'électricité à partir des énergies renouvelables, 8ème inventaire - édition 2006 , sur le site d'EDF . Enerxía nuclear: 79% Enerxías renovables: 11% Enerxía fósil: 10%Características da enerxía nuclear francesaA enerxía nuclear , documentos de referencia e análise, polo Ministerío de medio ambiente, desenvolvemento e xestión sostible e o Ministerio de economía, facenda e emprego. Industrie.gouv.fr, 2006. O 78 % dos kWh eléctricos producidos en Francia son de orixe nuclear 59 reactores nucleares atópanse en servizo en 19 centrais en todo o país A potencia instalada nos parques nucleares franceses elévase a 63 GWe O custo de investimento do parque nuclear no ano 2003 foi de 77 millóns de € O mesmo parque xerou máis de 10 millóns de € no ano 2005, fronte ao parque térmico ou de gas; A enerxía nuclear expulsa 31 millóns de toneladas de carbono á atmosfera. Entre 1.100 e 1.200 toneladas de lixo radioactivo prodúcense cada ano polas centrais nucleares EDF francesas.
O emprego da enerxía nuclear contribuíu de xeito constante a minguar a factura enerxética de Francia. Deste xeito a taxa de independencia enerxética do país medrou fortemente: do 26% en 1973, pasou ao 50% a finais dos 80. A enerxía nuclear tamén permitiu a Francia minguar a taxa de emisións que contribúen ao efecto invernadoiro. Francia ten deste xeito unha das menores taxas de emisión de CO2 dos países da OCDE. As emisións de carbono causadas polo uso da enerxía ascenderon a 1,68 t per cápita no ano 2002, fronte ás 2,30 t da UE dos 15 (incluíndo as 2,80 t de Alemaña e as 2,44 t de España) e as 5,36 t dos Estados Unidos.
Así, Francia posúe unha taxa de emisión de gases de efecto invernadoiro per cápita de máis dun 21% por baixo da media europea, e dun 30 a 40% menor cós seus países veciños.
Sector terciario
miniatura|250px|A Torre Eiffel é o monumento máis visitado de Francia dereita|miniatura|250px|O porto de Dunkerque é o principal porto comercial francés en tonelaxe