A illa de Palawan é a illa máis grande da provincia de Palawan, Filipinas e a quinta illa máis grande do país. A costa noroeste da illa está ao longo do Mar da China meridional, mentres que a costa do sueste forma parte do límite norte do Mar de Sulu.C.Michael Hogan. 2011. Sulu Sea Gran parte da illa segue sendo tradicional e é considerada por algúns como subdesenvolvida. Mantense pouco desenvolvida e silvestre, con abundante vida salvaxe, xunglas e montañas. As costas son de area branca, o que as converte en grandes atraccións turísticas, así como as compañías internacionais que buscan oportunidades de desenvolvemento.

Xeografía Toda a lonxitude da illa forma unha cordillera, cunha altitude máxima de 2085 m en Monte Mantalingajan. Outros picos significativos son o Monte Gantung en Batazara e o Pico Vitoria 1726 m. en Narra.

A capital da provincia chámase Porto Princesa. Como atraccións turísticas a destacar, atópase o río subterráneo duns 8 quilómetros que se pode visitar e percorrer en barca, a zona do norte chamada o Niño, con variadas paraxes e zonas de mergullo e unha frondosa xungla, espazo declarado de interese mundial pola UNESCO. miniatura|250px|esquerda|Entrada dun río subterraneo en Palawan.

Historia A illa foi o escenario da batalla de Palawan en 1945. Unha ducia de navíos xaponeses atópanse afundidos entre 10 e 43 metros de profundidade preto das súas costas e das illas próximas, como Busuanga e Coronhttp://www.coronwrecks.com/sites.htm#fishing_boat..

Notas

Véxase tamén

Bibliografía C.Michael Hogan. 2011. Sulu Sea. Encyclopedia of Earth. Eds. P.Saundry & C.J.Cleveland. Washington DC

Outros artigos Filipinas

Ligazóns externas www.palawan.com/

Categoría:Illas de Filipinas