Vilarchán é un lugar da parroquia de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 326 habitantes (158 homes e 168 mulleres). Localízase a carón do alto do Pé da Moa (595 m).

Patrimonio As súas festas celébranse na derradeira fin de semana do mes de xullo, na honra da súa patroa, a Virxe dos Remedios de Vilarchán.

Conta tamén cunha antiga e restaurada Casa da Sociedade, construída polos habitantes de Vilarchán, e tamén das aldeas dos arredores (Contixe, Mirón e A Reigosa). Despois da guerra civil foi requisada polas autoridades franquistas e convertida en Casa-Escola de ensino primario. Na transición, xa en estado ruinoso, foi devolta á poboación. Foi reconstruída polos lugares e aldeas da parroquia que participaran na súa construción (agás A Reigosa, que renunciou), e na actualidade funciona como Casa do Pobo de Vilarchán, Mirón e Contixe.

Lugares e parroquias Lugares de Tourón

Parroquias de Ponte Caldelas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponte Caldelas Ligazóns externas Inventario de Recursos Turísticos da Comarca de Pontevedra.

Categoría:Lugares de Ponte Caldelas