Alba é un concello italiano da provincia de Cuneo, na rexión de Piemonte, a carón do río Tanaro. No ano 2001 tiña 29 759 habitantes

Historia Foi fundada polo cónsul romano Pompeius Strabo co nome de Alba Pompeia. Aquí naceu o emperador Pertinax.

Na Idade Media foi conquistada polos longobardos e os árabes. No século XII convértese nunha comuna, uníndose á Liga Lombarda. Na Idade Moderna foi disputada por España e Francia. Polo Tratado de Cherasco entrou definitivamente no reino de Savoia

Arquitectura Da época romana quedan os restos dunha porta fortificada romana e restos de mosaicos e mármores. O Palazzo Comunale é do século XIII, e a catedral é do século XV.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do concello .

Categoría:Concellos da provincia de Cuneo Categoría:Cidades de Italia