Ana Bolena (en inglés: Anne Boleyn), raíña consorte de Inglaterra, 1ª marquesa de Pembroke. A súa data de nacemento adoitaba fixarse en 1507, pero os historiadores máis modernos dátana en 1501 - 19 de maio de 1536Ver os traballos de Eric Ives para o argumento do ano 1500/1501 e R.M. Warnicke para 1507.. Ana foi a segunda esposa do rei Henrique VIII e a nai da raíña Isabel I. O matrimonio de Henrique e Ana, e a súa subsecuente execución, eran parte do complexo comezo da considerable axitación política e relixiosa que foi a Reforma inglesa, con Ana participando activamente na promoción da causa da reforma da Igrexa. Chamárona "a raíña consorte máis influente e importante que Inglaterra tivo nunca".Ives, p. xv.
Ana Bolena é popularmente coñecida por ser degolada baixo acusación de adulterio, incesto e traizón. Está cumpridamente asumido o ser inocente dos cargos, e foi conmemorada máis tarde como mártir na cultura Protestante inglesa, particularmente polos traballos de John Foxe. A súa vida foi adaptada en numerosas novelas, obras de teatro, cancións, óperas, dramas de televisión e películas, incluíndo Anne of the Thousand Days (Ana dos mil días), The Other Boleyn Girl (As irmás Bolena), The Tudor (Os Tudor), The Six Wives of Henry VIII (As seis esposas de Henrique VIII), Anna Bolena e Doomed Queen Anne.
En anos recentes, a opinión académica e histórica sobre ela foi xeralmente favorable —en gran parte grazas a dúas extensas biografías escritas polo profesor Eric Ives (1986 e 2004). Os traballos de David Starkey, David Loades, John Guy, Retha Warnicke e Diarmaid Macculloch tamén foron favorables ou admirativos. As populares biografías de Joanna Denny e a feminista Karen Lindsey abordárona de forma similar. Unha excepción notable vén do traballo do escritor británico Alison Weir, cuxos libros son a miúdo bastante máis críticos con Ana.
Primeiros anos Controversia sobre o seu nacemento A carencia de arquivos parroquiais do período fixo imposible establecer a data do nacemento de Ana Bolena. As probas a partir do século XVI son contraditorias, con distintas datas que foron propostas por varios autores. Un historiador italiano, en 1600, suxeriu que ela nacera en 1499, mentres que o xenro de sir Thomas More, William Roper, suxeriu unha data moi posterior, 1512. Hoxe en día, o debate académico céntrase ao redor de dúas datas claves: 1501 e 1507.A data de 1507 foi proposta primeiro por un anticuario isabelino, William Camden, e foi a favorita ata o traballo do historiador de arte Hugh Paget, que argumentou en contra en 1981. Ver a biografía de Eric Ives The Life and Death of Anne Boleyn para os argumentos máis extensos que favorecen 1500/1501 e The Rise and Fall of Anne Boleyn de Retha Warnicke para a especulación subxectiva sobre o ano de nacemento de 1507. Ives, un historiador británico e experto legal, promove a data de 1501, mentres Retha Warnicke, un erudito americano e historiador de xénero que tamén escribiu unha biografía de Ana, prefire 1507.
A peza clave das evidencias escritas sobreviventes neste argumento é unha carta que Ana escribiu en 1514. Escribiuna en francés (a súa segunda lingua) ao seu pai, que aínda vivía en Inglaterra mentres Ana completaba a súa educación nos Países Baixos. Ives sostén que o estilo da carta e a súa letra madura demostra que Ana debía ter aproximadamente trece anos no momento de escribila. Esta estaría tamén ao redor da idade mínima en que unha rapariga podería ser unha dama de honra, cando Ana o foi da rexente Margarida. Isto está apoiado por afirmacións dun cronista de finais do século XVI, o cal escribiu que Ana tiña vinte anos cando volveu de Francia.Ver Ives, p. 18–20; Estas conclusións son cuestionadas por Warnicke en varios libros e artigos, pero as probas aínda non apoian concluintemente ningunha data.
Infancia e familia Ana era filla de sir Tomás Bolena, máis tarde primeiro conde de Wiltshire e primeiro conde de Ormonde, e a súa esposa, lady Isabel Bolena (nada Isabel Howard), filla do segundo duque de Norfolk. Non se sabe con seguridade onde naceu, pero se establece que foi entre a mansión da súa familia, Blickling Hall en Norfolk, e a súa residencia favorita, o castelo de Hever en Kent.
miniatura|dereita|180px|Un retrato idealizado de Ana Bolena, pintado no século posterior á súa morte (de aí o estilo de vestir anacrónico), atribuído a Marcus Gheeraerts o Mozo. Existían rumores de que Ana sufría polidactilia (seis dedos na súa man esquerda, por entón considerado un signo do diaño) e unha marca de nacemento ou lunar no seu pescozo que sempre escondía cunha xoia. Aínda que esta lenda sexa popular, non hai probas contemporáneas que o apoien. Ningún dos moitos relatos de testemuñas oculares sobre o aspecto de Ana Bolena —algúns deles meticulosamente detallados— menciona ningunha deformidade, e moito menos un sexto dedo. Ademais, cando as deformidades físicas eran xeralmente interpretadas como un signo do mal, é difícil crer que Ana Bolena chamase a atención romántica de Henrique, se ela realmente tivese algunha deformidade.Warnicke, pp. 58–9; Lindsey, pp. 47–8.
Como no caso de Ana, non se sabe con seguridade cando naceron os seus dous irmáns, pero parece claro que a súa irmá, María, era maior que ela. Os fillos de María claramente creron que a súa nai fora a irmá máis vella; como fixo a filla de Ana, Isabel.Un historiador sostén que María podería ser a irmá máis nova. Hai, con todo, probas firmes do reinado de Isabel I que a familia Bolena recoñecía que María nacera antes que Ana, non despois. Ver Ives, pp. 16–17 y Fraser, p. 119. O seu irmán George naceu ao redor de 1504.Warnicke, p. 9; Ives, p. 15.
Na súa vida posterior, Ana non tiña unha relación próxima co seu pai, pero na súa infancia ela pareceu preocupada en compracerlle. A súa relación coa súa irmá María parece ser cordial, pero non íntima. Ela gozou dunha relación máis feliz coa súa nai e o seu irmán George, aos que Ana parece terse sentido máis próxima.
No momento do nacemento de Ana, a familia Bolena estaba considerada unha das familias máis respectables da aristocracia inglesa,Starkey, p. 257; Ives, p. 3–5. aínda que eles ostentasen un título só catro xeracións. Máis tarde, foron criticados como arribistas sociais, pero este era un ataque político. A tradición de que os Bolena eran unha familia de comerciantes de Londres é infundada; de feito eles eran aristócratas.Ives, p. 3. Os bisavós de Ana incluíron un alcalde (Lord Maior) de Londres, un duque, un earl (conde), dous ladies aristocráticas e un cabaleiro; entre os seus parentes ela nomeou os Howards, unha das familias preeminentes no país. Era seguramente de nacemento máis nobre que Jane Seymour ou que Catarina Parr, dúas das outras mulleres inglesas de Henrique.Strickland, p. 273.
O pai de Ana era un diplomático respectado cun talento para os idiomas; era tamén favorito de Henrique VII, que lle enviou a moitas misións diplomáticas no estranxeiro. Seguiu a súa carreira baixo Henrique VIII, que subiu ao trono en 1509. En Europa, o profesionalismo e o encanto de Tomás Bolena gañaron moitos admiradores, incluída a arquiduquesa Margarida de Austria, filla de Maximiliano I, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Ela gobernaba os Países Baixos en nome do seu pai e quedou tan impresionada por Tomás Bolena que ofreceu a súa filla máis nova, Ana, un lugar na súa casa. Xeralmente unha rapariga debía ter 12 anos para obter tal honra, con todo Ana podería ser algo máis nova, e Margarida afectuosamente referíase a ela como "A petite Boleyn" (non se sabe, con todo, se a cita se refire á súa idade ou á súa estatura).Fraser e Ives sosteñen que esta cita demostra que Ana probablemente naceu en 1501 facéndoa da mesma idade que as outras raparigas; pero Warnicke discrepa, en parte pola evidencia do alcume de Ana “petite”. Ver Ives, p. 19; Warnicke, p. 12–3. Causou unha boa impresión nos Países Baixos polos seus xeitos e aplicación e viviu alí desde a primavera de 1513 ata que o seu pai ordenou que seguise a súa educación en París no inverno de 1514.
En Francia, Ana foi dama de honra de Claudia de Francia e tamén actuou como intérprete sempre que calquera invitado inglés importante chegaba á corte francesa. Na casa da raíña, completou os seus estudos do francés e adquiriu un coñecemento detallado da cultura de Francia e o protocolo. Tamén desenvolveu un interese pola moda, e pola filosofía relixiosa que reclamaba a reforma da Igrexa. A súa educación europea terminou no inverno de 1521 cando regresou a Inglaterra seguindo as ordes do seu pai. Partiu de Calais, que entón aínda era unha posesión inglesa, en xaneiro de 1522.
Aparencia e personalidade miniatura|dereita|180px|Un retrato de Ana Bolena pintado algúns anos logo da súa morte. O seu biógrafo máis recente considérao moi preto de "a verdadeira Ana Bolena".Ives, p. 43. Ana Bolena non era convencionalmente fermosa para o seu tempo. Era delgada e a súa pel foi considerada por algúns como demasiado escura. Con todo, moitos observadores estiveron impresionados polos seus ollos escuros e o seu pelo longo e moreno, que ela levaba solto sobre as súas costas. Un italiano que coñeceu a Ana en 1532 escribiu que ela "non era unha das mulleres mais ben parecidas do mundo", pero outros pensaban que era "competent belle" ("absolutamente fermosa") "e nova e aposta". Un historiador reuniu todas as descricións e conclúe así:
“Nunca foi descrita como unha gran beleza, pero ata aqueles que a aborreceron admitiron que tiña un encanto dramático. A súa cute escura e o seu pelo negro déronlle unha aura exótica nunha cultura que vía a palidez branca como o leite como esencial na beleza. Os seus ollos eran especialmente notables: 'negros e fermosos' escribiu un contemporáneo, mentres outro afirmou que eran 'sempre os máis atractivos', e que ela 'sabia ben como usalos con eficacia'.Lindsey, p. 48.
A xente parecía atraída principalmente polo carisma de Ana. Deu unha boa impresión co seu sentido da moda, inspirando moitas novas tendencias entre as damas da corte. Nunha visión retrospectiva, ela foi probablemente a representante da moda inglesa máis grande de principios do século XVI. William Forrest, autor dun poema contemporáneo sobre Catarina de Aragón, eloxiou o "paso excelente" de Ana e a súa habilidade como bailarina. "Aquí", escribiu, "era [unha] nova e fresca doncela, que podería dar un tropezo e continuar adiante."Fraser, p. 115.
“O encanto de Ana estaba non tanto no seu aspecto físico como na súa personalidade vivaz, a súa elegancia, o seu enxeño rápido e outras habilidades. Era pequena de estatura, e mostraba unha fraxilidade atractiva sobre ela … brillou no canto, compondo música, bailando e conversando … Non era sorprendente xa que logo, que os homes novos da corte pululasen ao seu redor.”Weir, pp. 151–153.
Era cristiá devotaPara unha discusión sobre as crenza relixiosas de Ana, ver Ives, pp. 277–287. na nova tradición do movemento humanista do Renacemento (cualificala como Protestante sería unha esaxeración). Tamén fixo doazóns xenerosas á caridade e coseu camisas para os pobres. Na súa mocidade era "doce e alegre" e gozou cos xogos de azar, bebendo viño, e latricando.Weir, p. 153. Era tamén valente e emocional. Con todo, segundo os seus inimigos, Ana tamén podería ser extravagante, neurótica, rancorosa e malhumorada.
“Para nós parece relixiosamente inconsecuente máis que agresiva, calculadora máis que emocional, cun lixeiro toque do cortesán aínda que co forte control do político … unha muller que tomou o control das súas propias condicións nun mundo de homes; unha muller que utilizou a súa educación, o seu estilo e a súa presenza para que pesase máis que as desvantaxes do seu sexo; de só moderadamente ben vista, ata levar unha tormenta a unha corte e a un rei. Quizais, ao final, é a avaliación de Thomas Cromwell a que estea máis preto: intelixencia, espírito e coraxe.”Ives, p. 359.
Henrique VIII Amores reais