Física o química foi unha serie de televisión xuvenil producida por Ida y Vuelta Producciones e emitida por Antena 3 entre o 14 de febreiro de 2008 e o 13 de xuño de 2011, cun total de sete tempadas.

Nun primeiro momento a serie denominouse Empezar de cero, pero definitivamente Antena 3 decantouse polo nome Física o química, xa que fai unha clara alusión ao amor, ás decisións da vida.

O impacto de Física o Química é considerable, non só porque goza dunha boa acollida por parte do público, senón tamén da crítica, gañando o Premio Ondas 2009 á mellor serie española.'Física o Química', 'Fama ¡a bailar!' e Jorge Javier Vázquez gañan o premio Ondas Ademais, a serie cruzou fronteiras para chegar ata Francia, onde se emite cun grande éxito de audiencia en NRJ 12, baixo o título de Physique ou Chimie. A súa emisión en México e Estados Unidos é a través da canle 52MX, os mércores ás 16:00 h. (hora centro).

Física o Química despediu a súa cuarta tempada o mércores 16 de decembro de 2009, liderando a súa franxa con claridade e batendo marca absoluta.'Física o Química' despide tempada con récord de espectadores

A quinta tempada, que tan só contará con 9 capítulos, empezou a gravarse o 1 de marzo de 2010 e incorporou a seis novos actores, debido á marcha de varios dos protagonistas.Maxi Iglesias abandona "FoQ" A serie tamén conta cunha nova cabeceira interpretada por El Sueño de Morfeo'El Sueño de Morfeo en "FoQ"'. O primeiro capítulo foi preestreado o 5 de maio de 2010 no Cine Kapitol de Madrid, e a súa estrea en televisión foi o martes 11 de maio ás 22:30 h.

A 6ª tempada, estreada o 15 de setembro de 2010, contou cunha nova cabeceira interpretada por Angy Fernández. O último capítulo emitiuse o 14 de decembro de 2010. A sétima tempada da serie foi estreada o 5 de maio de 2011 e acabou para sempre o 13 de xuño.

Sinopse

A serie relata a vida nun instituto de Educación Secundaria, o instituto Zurbarán, dende o punto de vista de profesores e alumnos. A historia comeza coa morte por suicidio dun dos personaxes Rubén, irmán de Julio, por mor dunha carga na conciencia do rapaz, que días atrás fora partícipe dunha festa con drogas e alcol, no que violaron a unha rapaza. Ademais, un novo curso comeza no colexio Zurbarán, onde un grupo de profesores novatos se enfrontan á dura tarefa da docencia. A relación amorosa entre un alumno e unha profesora (Isaac e Irene), a vida en parella, a homofobia e o racismo, ou o sexo serán as liñas temáticas que a serie seguirá na súa primeira tempada.

Personaxes Alumnos do Zurbarán Andrea Duro é Yolanda "Yoli" Freire Caballar. (T1-T7) Javier Calvo é Fernando "Fer" Redondo Ruano. (T1-T7) Sandra Blázquez é Alma Núñez Fontevilla. (T3-T7) Adrián Rodríguez é David Ferrán. (T3-T7) Nasser Saleh é Rashid Lorente Arco / Román. (T5-T7) Lucía Ramos é Teresa Parra Lebrón. (T5-T7) Àlex Batllori é Álvaro. (T5-T7) Lorena Mateo é Daniela Vaquero Castiñeira. (T6-T7, recorrente T5) Álex Hernández é Jon. (T6-T7) Álex Martínez é Salvador "Salva" Quintanilla. (T6-T7)

Persoal do Zurbarán Ana Milán: é Olimpia Díaz Centeno, profesora de Inglés e ex-directora. (T1-T7) Marc Clotet: é Vicente Vaquero Castiñeira, profesor de Educación Física e máximo accionista do colexio. (T4-T7) Olivia Molina: é Verónica Lebrón Cervantes, profesora de Lingua e Literatura e nai de Teresa. (T5-T7) Enrique Arce: é Arturo, profesor de Bioloxía e médico do instituto. (T6-T7) Fernando Andina é Enrique. Director do colexio Zurbarán e profesor de Historia. (T7) Sabrina Garciarena é Sara. Profesora de Filosofía. (T7) Juan Pablo Di Pace é Xavi. Profesor de Arte. (T7) Marcos Gracia é Carlos. Novo xefe de estudos. (T7)

Recorrentes Farah Hamed: é Fátima. Nai de Román. (T6-T7) Andrea Dueso: é Susana. Ex-noiva de David. (T7)

Abandonaron a serie Michel Gurfi como Jonathan. Antigo profesor de Ximnasia. Marchou a México para estar coa familia. (T1) Xavi Mira como Félix. Ex-profesor de Música. Pai de Darío. Deixou o Zurbarán logo da infidelidade de Olimpia. (T1-T2; esporádico T3 e T5) Karim El-Kerem como Isaac Blasco Prieto [†]. Irmán de Paula. Morreu nun accidente de quad. (T1-T2) Michel Brown como Miguel Belaza. Ex-profesor de Tecnoloxía e Teatro. Deixa Madrid por romper a súa amizade con Irene e Blanca. (T2) Andrés Cheung como Jan Taeming. Vaise a China tras o enterro de Isaac. (T1-T2) Joaquin Climent como Adolfo Madrona. Ex-xefe de estudos e pai de Roque. Deixa o Zurbarán para dedicarse a escribir. (T1-T4) Irene Sánchez como Violeta Cortés Calvo. Sobriña de Irene. Vaise a un internado por decisión da súa nai. (T3-T4) Oscar Sinela como Joaquín "Quino". Vaise do Zurbarán tras confesar ser culpable de infiltrar alcol nunha festa. (T3-T4) Cecilia Freire como Blanca Román. Deixa o Zurbarán despois de que Martín deixásea plantada no altar. (T1-T4) Blanca Romero como Irene Calvo. Vaise a Nova York para validar o seu matrimonio con Thomas. (T1-T4) Maxi Iglesias como César Cabano Vera. Vaise a Inglaterra para dedicarse ao fútbol. (T1-T5) Bart Santana como Roque Madrona. Antigo profesor de Arte. Marcha a Londres para estar coa súa filla enferma. (T1-T5) Leonor Martín como Covadonga "Cova" Ariste Espinell. Márchase a Alacant para máis tarde volver ao parto de Paula. Finalmente vólvese a Alacant con Julio. (T1-T3; recorrente T5-T6) Gonzalo Ramos como Julio de la Torre Reig. Márchase a Alacant con Cova. (T1-T6) Álex Barahona como Alberto "Berto" Freire. Irmán de Yoli. Vaise do Zurbarán para dedicarse á cociña. (T3-T6; recorrente T2) Nuria González como Clara Yanes. Antiga xefa de estudos logo de Adolfo. Nai adoptiva de Roman e Ruth. Deixa o Zurbarán para estar con Ricardo tras a morte da súa nai. (T1-T6) Adam Jezierski como Gorka Martínez. Pai de Isaac Jr. Vaise con Paula a empezar de novo unha vida xuntos. (T1-T4; recorrente T5-T6) José Manuel Seda como Martín Aguilar. Ex-director do Zurbarán. Pai de María. Vaise do Zurbarán tras presentar a súa dimisión. (T3-T6) Úrsula Corberó como Ruth Gómez. Filla adoptiva de Clara e medio irmán de Román. Vaise a estudar Deseño en Barcelona. (T1-T6) Angy Fernandez como Paula Blasco Prieto. Irmá de Isaac. Nai de Isaac Jr. Vaise con Gorka a realizar o seu soño de cantar. (T1-T6) Cristina Alcázar como Marina Conde. Profesora de filosofía. Vítima do VIH. (T5-T6) Sergio Mur como Jorge. Profesor de arte. (T6, recorrente T5)

Audiencias Tempada Capítulos Espectadores Share Primeira 1-8 3 186 000 18,2% Segunda 9-22 3 047 000 17,3% Terceira 23-33 3 032 000 17,0% Cuarta 34-47 2 977 000 17,6% Quinta 48-56 2 599 000 15,5% Sexta 57-70 2 172 000 12,3% Sétima 71-77 1 737 000 10,7%

Premios Mención especial TV no Festival Internacional de TV e Cine Histórico Reino de León para Ana Milán, Olimpia. Premio Ondas 2009 á Mellor serie española, por "a súa capacidade para conectar co público novo e adaptarse ao desenvolvemento multiplataforma dos contidos". Premio Shangai 2009 á Mellor serie. Premio Novo 2009 da denominación de orixe da Mancha ás actrices da serie: Blanca Romero, Angy Fernández e Úrsula Corberó.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da serie en antena3.com

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Antena 3