Alberto Lema Suárez, nado en Bamiro (Vimianzo) o 14 de outubro de 1975, é un escritor e político galego.

Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Presentouse ás eleccións municipais de 2015 na Coruña pola Marea Atlántica e foi elixido concelleiro e nomeado cuarto tenente de alcalde, facéndose cargo das concellerías de emprego e economía social. Nas municipais de 2019 volveu ser elixido concelleiro da Coruña pola Marea Atlántica e foi elixido deputado provincial, ata 2023.

Traballor da RAG.

En 2026 gañou o Premio Xerais de Novela con A boca do río, que conta unha historia ambientada na Galicia da posguerra, arredor do encoro de Belesar e San Fiz, que relata as prácticas abusivas da burguesía franquista e outros conflitos sociopolíticos da época.

Obra Poesía Plan de fuga (2008). Estaleiro Editora. ISBN 978-84-612-0879-1. Crónica do chan (2014). Edicións Corsarias. 68 páxs. ISBN 978-8416121052. Río Grande (2026). Santiago. Chan da Pólvora. ISBN 979-13-991170-9-7.

Narrativa Unha puta percorre Europa (2008). Galaxia. Novela. Foi traducida ao castelán. 124 páxs. ISBN 978-84-9865-089-1. Sidecar (2009). Galaxia. Novela. Premio Ánxel Casal. Foi traducida ao castelán. 168 páxs. ISBN 978-84-9865-175-1. Da Máquina (2012). Galaxia. Foi traducida ao castelán. 216 páxs. ISBN 978-84-9865-419-6. Pazo de inverno (2021). Galaxia. 270 páxs. ISBN 978-84-9151-768-9.

Obras colectivas En defensa do Poleiro (2010). Toxosoutos. A cidade na poesía galega do século XXI (2012). Toxosoutos. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.

Premios 2021: Premio Manuel García Barros de novela, por Pazo de inverno. 2026: Premio Xerais de novela, por A boca do río.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas Plan de fuga, licenza Creative Commons. Páxina do autor en Galaxia Blog do autor en Galaxia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña

Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1975 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gañadores do Premio García Barros