dereita|miniatura|Homenaxe a Severino Rivas en Ribeiras de Lea. Severino Rivas Barja, nado en Loentia (Castro de Rei) o 13 de setembro de 1875 e finado en Cortapezas (Portomarín) o 29 de outubro de 1936, foi un político, alcalde de Castro de Rei durante a República.
Traxectoria Home de extensa cultura e vencellado ó PSOE. Enviuvou a finais dos anos 1920, e enviou ó seu fillo máis novo, Darío, que daquela tiña 8 anos, á Arxentina, onde xa residían as súas irmás máis vellas. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, o 18 de marzo o gobernador civil nomeou unha comisión xestora en Castro de Rei encabezada por Serafín Carballo Aguiar para substituír a corporación presidida por Ramón Perejón Pardo. Ao pouco tempo o gobernador nomeou unha nova xestora da que formou parte Severino Rivas, que foi nomeado alcalde accidental o 6 de maio. Tres días despois, o 9 de maio de 1936 foi elixido alcalde por votación dos concelleiros. Debido ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e a ocupación de Galicia polas tropas rebeldes, durou só tres meses no cargo, sendo destituído polo comandante da Garda Civil o 29 de xullo."Castro de Rei honrará al alcalde republicano fusilado en 1936", La Voz de Galicia, Lugo, 21-7-1993, p. 37. Severino agochouse en Lugo, pero o 26 de agosto foi detido no Hotel España de Lugo e ingresou na Prisión Provincial. O 29 de outubro sacárono da Prisión e foi asasinado no camiño de Torrentes xunto á capela de Cortapezas (Portomarín), xunto con Víctor Dorrego Queizán.
Enterro e exequias Foi soterrado anonimamente nunha foxa común no que entón era o adro da capela (actualmente o camposanto). Durante máis de 50 anos, Darío Rivas intentou por todos os medios encontrar os restos do seu pai. En 1994, durante unha viaxe de Darío a España, un veciño de Portomarín proporcionoulle os datos que lle permitiron achar o lugar de enterramento. Logo de longas xestións, e coa intervención da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, os restos de Rivas Barja foron finalmente enterrados no panteón familiar de Loentia en agosto de 2005.
Na súa lápida pode lerse a inscrición: Que fue alcalde de Castro de Rei, nacido el 13 de septiembre de 1875. Lo asesinaron en Portomarín los falangistas el día 29 de octubre de 1936. Volvió a casa para descansar en paz el día 19 de agosto de 2005. </cite>
Querelas Con data 14 de abril de 2010, o fillo de Severino, Darío Rivas Cando, canda outras organizacións como a Asociación por la Recuperación de la Memoria Histórica, Abuelas de Plaza de Mayo ou a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina presentaron unha querela na Arxentina por xenocidio e crimes de lesa humanidade da ditadura de Francisco Franco, onde se detalla o caso do pai do denuncianteTexto da querela , o caso de Severino nas páxinas 3-5 ..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Alcaldes de Castro de Rei Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Castro de Rei Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1875 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos