miniatura|Pico Morredero e a Silla de la Yegua Os montes Aquilanos () son unha formación montañosa enmarcada na unidade dos montes de LeónMontes Aquilanos"Pueblos y ríos bercianos: (significado e historia de sus nombres)". Jesús García y García. 1994. ISBN 84-604-8787-3. Páx. 235 situada ao sur-sueste da bisbarra do Bierzo, Provincia de León, Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Serve de límite xeográfico entre as bisbarras tradicionais de Valdueza, o Bierzo Baixo, a bisbarra da Cabreira

Sucados por numerosos regueiros e regatos, destacan o río Cabreira na súa vertente sur, o río Oza na súa vertente norte e o río Compludo na súa parte máis oriental. É a zona percorrida por este río onde mellor se conserva as características destes montes e dos vales que os forman. Son ríos, en xeral, de augas limpas e libres que apenas foron alterados pola man do home (salvo no Val do Oza, do cal durante décadas tomou auga Ponferrada para consumo humano, intentando, actualmente, reducirse ao mínimo a captación). Estes ríos permitiron a formación de bosques de ribeira, xunto cunha gran masa arbórea de carballos, aciñeiras, castiñeiros e cerquiños, os cales deron acubillo a unha importante comunidade faunística, entre a que destacan a aguia real, o lobo, a londra e o aguaneiro.

miniatura|Picos Morredero, Silla de la Yegua, Berdiaínas, Tuerto

Nome O nome é un derivado do pico Guiana, que nun documento do ano 918 denomínase Monte Aquiliana, sen dúbida un derivado do latín aculeus, -i "aguillón, punta", polo aspecto afiado do monte .

Descrición Os montes Aquilanos forman parte dos contrafortes setentrionais da cadea montañosa dos montes de León de dirección xeral leste-oeste, que conforma a oriente unha parede montañosa que separa as concas hidrográficas dos ríos Sil e Órbigo. O punto máis elevado desta franxa é o Suspirón, con 1827 m. A oeste divide a bacía do Sil da do río Tera, alcanzando o seu teito no Teleno, con 2.188 m. En resumo, os montes de León son a divisoria hidrográfica entre a concas do Sil e do Douro.

O enlace entre a meseta, os montes de León e os Aquilianos, efectúase a través do portos do Manzanal (1.143 m) e de Foncebadón (1.500 m), que se elevan rapidamente no Morredero, que constitúe en realidade un nó orográfico, no que se xonguen varios cordais. Desde aí comezan os Aquilianos, cunha fisiografía abrupta e pasos complicados de atravesar. O Guiana é o centro, a partir do cal o cordal baixa paulatinamente a altura, a través das Penas de Ferradillo, a Pena de Voces, e As Médulas, sempre á esquerda do río Sil, até entroncar coa serra das Eguas, nos lindes entre León e Galicia, que conduce directamente até a Pena Trevinca. Unha das súas aliñacións é franqueada polo Sil no chamado Estreito de Covas, continuándose do outro lado do río, pola Serra da Enciña da Lastra, xa en territorio galego.

Relevo miniatura|Montes Aquilanos no Val do Oza. Son montañas que superan ou próximas aos 2.000 metros de altura, destacando entre elas, o Monte Irago, o Pico Becerril, Cabeza da Egua, Pico Berdianías, Meruelas, Chan das Ovellas, Fonteirín, Pico Torto, Cruz Maior, Pico Tesón e a Aquiana (ou Guiana), sendo esta última a que dá nome a toda a cadea montañosa. miniatura|Vista dos Aquilanos dende As Medulas.

A Aquiana e o Campo de las Danzas miniatura|Vista do pico Aquiana. A Aquiana (ou Guiana), límite entre as bisbarras tradicionais da Cabreira e de Valdueza na bisbarra do Bierzo. Ten unha altitude de 1.846 m.

Notas

Categoría:Espazos naturais de Castela e León Categoría:Montañas de Castela e León