A bandeira de Xamaica foi adoptada o 6 de agosto de 1962 que foi o día da independencia do país. Está composta polas cores verde, marela (ouro) e negra. O negro simboliza a forza e creatividade do pobo xamaicano, o marelo á luz do sol e a riqueza natural do país. O verde representa a esperanza no futuro e a riqueza agrícola.

A bandeira da armada (bandeira de guerra) é un pano de cor branca no que figura a bandeira nacional no cuadrante superior máis preto ao mastro. Segue o deseño da bandeira da Royal Navy que é coñecida como “insignia branca”.

Outras bandeiras

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Xamaica en Flags of the World

Categoría:Símbolos de Xamaica Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras de Xamaica Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras coa cruz de Santo André