Montilla é unha vila andaluza, con concello propio, pertencente á provincia de Córdoba. En 2001 a poboación do municipio alcanzaba 22.925 habitantes, sobre unha área de 167 km².
Situación Montilla está situada a uns 372 metros de altura, e a 49 km ao sur da capital provincial, Córdoba. A parte meridional do concello está accidentado polas alturas da serra de Montilla. O concello limita polo noroeste co de La Rambla; a nordeste co de Castro del Río; ao sur cos de Cabra e Aguilar.
Economía A agricultura é a base produtiva. Vides e oliveiras son as plantas básicas, en especial a primeira. Montilla, xunto coa vila próxima de Moriles, é famosa polos seus viños semi-xenerosos (finos) e xenerosos e, mesmo aínda os viños, que adquiren condicións semellantes, acostuman denominarse en España "amontillados".
Patrimonio artístico e cultural Casa do Inca Garcilaso de la Vega (1539-1610), que viviu aquí. Convento de Santa Ana, dos séculos XVI-XVII. Convento de Santa Clara, de 1512, de estilo mudéxar. Igrexa de San Sebastián, do século XVI, de estilo gótico-mudéxar Convento de Santo Agostiño, dos séculos XVI-XVII. Igrexa de Santiago, barroca do XVII, con torre de 1789. Igrexa de San Luís, do século XVII. Igrexa da Encarnación, do século XVIII. Museo do Viño, nas ruínas do antigo castelo dos Fernández de Córdoba.
Festas Velada de San Sebastián, na noite do 20 de xaneiro, Festa da Cruz de Maio, o día 3 de maio, Feira de San Francisco Solano, o 14 de xullo, Festa da Vendima, a comezos de setembro.
Como en toda Andalucía, a Semana Santa goza de grande esplendor.
Véxase tamén Ligazóns externas
Montilla no SIMA - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Xunta de Andalucía
Categoría:Concellos da provincia de Córdoba