John von Neumann, ou polo seu nome orixinal húngaro Margittai Neumann János Lajos, nado en Budapest o 28 de decembro de 1903 e finado en Washington, D.C. o 8 de febreiro de 1957, foi un científico, físico e matemático húngaro. Está considerado un dos máis importantes científicos do século XX.

Traxectoria Xa desde ben pequeno mostrou xenio e boa memoria, realizando complicadas operacións matemáticas ou podendo incluso memorizar páxinas completas da guía telefónica. Sen ir moito a clase, obtivo brillantes cualificacións en matemáticas na Universidade de Budapest. De 1921 a 1923 estudou química en Berlín e, despois, graduouse en enxeñaría química en Zürich. Doutorouse en Matemáticas aos vinte e tres anos e con vinte e cinco xa era considerado un xenio para a comunidade de matemáticos. En 1933 xunto a Alexander, Veblen, Einstein, Morse e Weyl converteuse nun dos grandes seis primeiros profesores de matemáticas do Instituto para o Estudo Adiantado de Princeton (USA) onde estivo o resto da súa vida. Durante a segunda guerra mundial foi conselleiro das Forzas Armadas dos Estados Unidos, formou parte do Proxecto Manhattan e contribuíu á fabricación da bomba de hidróxeno.

Xunto a Oskar Morgenstern, en 1944 publicou Theory of Games and Economic Behavior, que revolucionou a área da economía, introducindo novos métodos matemáticos para a análise de problemas económicos, en concreto aplicou a teoría de xogos de suma cero. Foi un dos iniciadores das ciencias da computación, e precursor do primeiro computador, para os que definiu o bit -contracción de "binary digit"- como unidade de memoria, o seu último libro dedicouno a este campo The Compute and the Brain do 1958.

Obras principais Mathematical Foundations of Quantum Mechanics, 1932. Theory of Games and Economic Behavior, 1944. The Compute and the Brain, 1958.

Notas

Categoría:Físicos de Hungría Categoría:Matemáticos de Hungría Categoría:Economistas matemáticos Categoría:Nados en Budapest Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Alumnos da Universidade de Budapest Categoría:Profesores da Universidade de Princeton Categoría:Personalidades do Proxecto Manhattan Categoría:Físicos cuánticos