300px|miniatura|dereita|Vista da ría de Xuvia dende o Monte de Nenos, Sedes.
O monte de Nenos é un monte de 367 m de altitude, situado na comarca de Ferrolterra, entre os concellos de Narón (o lugar de maior altitude do municipio, na parroquia de Sedes), San Sadurniño e Valdoviño.
Descrición dereita|miniatura|300px|Vértice xeodésico no cumio do Monte de Nenos cuberto de lixo industrial.
No monte de Nenos nacen varios ríos que fornecen o encoro das Forcadas, a lagoa da Frouxeira e o río Grande de Xuvia. No seu cume hai un conxunto de dezaseis mámoas de distintos tamaños coñecidas como Os Montiños da Moura. Polo monte de Nenos tamén pasa o camiño a Santo André de Teixido.
Aproveitamento
Nos últimos anos instalouse no seu cumio un parque eólico e antenas de telecomunicacións. En 2012 a empresa Xilo Galicia verteu 2.500 toneladas de lixo industrial no cumio"La Xunta obliga a Xilo Galicia a retirar los lodos contaminados del Monte dos Nenos" , artigo en Diario de Ferrol, 18 de abril de 2013 ."Xilo Galicia comienza a retirar las 2.500 toneladas de residuos industriales" , artigo en Diario de Ferrol, 11 de maio de 2013 ..
Ademais do parque eólico construído no monte, entre os concellos de Narón e Valdoviño, e o uso como localización de telecomunicacións tanto no monte como nas zonas máis próximas, existen explotacións agrarias e gandeiras así como plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Na ladeira do monte está o parque Aldea Nova do concello de Narón.
Nome do Parque Eólico Concello Muíños Data Empresa PotenciakWP. E. NovoValdoviño - Narón252002Energías Ambientales de Novo, S.A.18.750
Notas
Nenos, Monte de Categoría:Narón Categoría:San Sadurniño Categoría:Valdoviño