El Coronil é un concello andaluz da provincia de Sevilla.
Xeografía No ano 2007 contaba con 5045 habitantes. A súa extensión superficial é de 92 km² e ten unha densidade de 54,8 hab./km². Atópase situada a unha altitude de 117 msnm e a 53 quilómetros da capital provincial, Sevilla.
O seu alargado termo municipal crúzano entre outras correntes, o río Guadalete e o arroio Salado. O núcleo urbano localízase na parte norte do termo e está bordeado pola estrada A-376. O xentilicio dos seus habitantes é o de coronileños.
Historia Os vestixios arqueolóxicos máis antigos que se coñecen corresponden ao Calcolítico. Desa etapa é un dolmen que se acha enterrado nas inmediacións da zona coñecida como "El Calvario". Tamén existen no seu termo asentamentos do Bronce Final e os restos romanos son moi numerosos, aínda que a distribución xeral da súa parte antiga pertence ao século XV, xusto logo da súa fundación en 1381.
Digno de mención na historia da vila é o esplendor do século XVIII grazas á potente industria manufactureira dos produtos agrícolas que se daban na zona. El Coronil foi berce de personaxes relevantes no ámbito empresarial e político por exemplo a familia Candau. Na década de 1950 chegaron a constar no censo uns 10.000 habitantes. Desde entón e ata hoxe esta cifra foi descendendo progresivamente.
Monumentos Igrexa de Nuestra Señora de Consolación Castelo das Aguzaderas Castelo da Villa Antiga Casa Palaciana de D. Diego Quebrado (Actual Casa da Cultura) Casa brasonada. Rúa Ricardo Candau nº 4 Capela da Virxe dos Remedios Capela da Vera Cruz Capela do Calvario Castelo das Aguzaderas Casa de "la Marcela" Casa solariega da rúa Real-Praza Vieja Torre de almazara Pozo del Morisco
Véxase tamén Ligazóns externas
Página web con información sobre El Coronil El Coronil - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía Patrimonio cultural de El Coronil na Base de datos do Patrimonio Inmoble de Andalucía. IAPH
Coronil, El