San Miguel de Montefurado é unha parroquia do concello lucense de Quiroga. En 2011, segundo o IGE, tiña 162 habitantes (84 homes e 78 mulleres).
Xeografía Está situada á beira do río Sil, entre as dúas maiores serras de Galiza, o Macizo Central ourensán e a Serra do Courel. A influencia do río fai que esta zona goce dun clima continental mediterráneo, con temperaturas baixas en inverno e moi calorosas en verán.
Historia A parroquia toma o nome do Monte Montefurado, tamén coñecido como "Boca do Monte". Foi construído no século II, en tempos do Emperador Traxano, para desviar o leito do río e poder extraer o ouro que este arrastraba lavando o lodo da antiga conca. Ten uns 400 metros de longo por 19 de ancho, e unha altura media de 17 metros. Unha difícil obra de enxeñaría para a época. Dise que os romanos talaron unha fraga de aciñeiras que había preto do lugar que aínda conserva o topónimo de Enciñeira para romper a roca a fogo. Os romanos estaban acampados no lugar de Sesmil, que toma o seu nome da lexión romana dese nome.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Montefurado
Parroquias de Quiroga
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Quiroga Estación de Montefurado Ligazóns externas https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/05/24/desplome-tunel-montefurado/0003_201405M24C5991.htm https://www.gciencia.com/destinos-ciencia/montefurado-oro-rio-sil/ https://perderelrumbo.com/montefurado-el-tunel-romano-de-quiroga/
Categoría:Parroquias de Quiroga Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel