miniatura|Rúa Tacuba Centro, Zacatecas (Zacatecas), México. Zacatecas é a capital do estado de Zacatecas, en México, unha cidade fundada o 8 de setembro de 1546 a partir do descubrimento de minas de prata por Juan de Tolosa. A súa riqueza mineral deulle grandes ingresos á Coroa Española, o que fixo posible que recibira o título de Cidade da Nosa Señora dos Zacatecas. Coa veciña cidade de Guadalupe forma unha zona metropolitana, a máis poboada do estado.
A cidade ostenta os títulos de Moi Nobre e Moi Leal Cidade de Zacatecas, outorgamento dado polo rei Filipe II de España o día 20 de xuño de 1588 en San Lorenzo de El Escorial, Madrid.Temas Zacatecanos. Federico Sescosse Lejeune. Sociedad Amigos de Zacatecas. 1985. Zacatecas, México.
En 1993, o seu centro histórico foi nomeado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade pola súa traza urbana, riqueza arquitectónica e a súa historia. O 23 de xuño de 2010 foi nomeada "cidade heroica" pola LX Lexislatura do Poder Lexislativo do Estado de Zacatecas e publicado o bando solemne polo Concello o 10 de novembro do mesmo ano.El mexicano Declaran a Zacatecas "Ciudad Heroica" , El Mexicano.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Zacatecas - Wikivoyage (en)
Categoría:Concellos de Zacatecas Categoría:Patrimonio da Humanidade en México Categoría:Cidades Patrimonio da Humanidade Categoría:Localidades do estado de Zacatecas