miniatura|dereita|350px|O Gran Teito, segundo o debuxou Sautuola en 1880
Co nome de Gran Teito, Gran Sala dos bisontes ou Sala dos Polícromos En realidade non son polícromos, senón bícromos: negro e vermello. denomínase o complexo pictórico prehistórico máis coñecido da cova de Altamira, sita na comunidade autónoma española de Cantabria, e datábel na época do período magdaleniano do Paleolítico superior.
Foron os bisontes do teito deste divertículo da caverna os que chamaron a atención da filla máis vella, daquela de cinco anos de idade, de Marcelino Sanz de Sautuola, que llos sinalou ao pai: "mira, papá, bueyes", nun día de 1879.
Situación na cova e descrición física O gran teito está a escasos metros do vestíbulo de entrada na cova, cubrindo un divertículo da mesma á man esquerda segundo se entra. Mide arredor de 18 m de longo por 9 de ancho. Na época en que Sautuola descubriu as pinturas, a distancia entre o chan e o teito oscilaba entre dous metros no centro e tan só 1,1 m no fondo do divertículo. Estas condicións, que se supón que eran as que se encontrou ante si o artista paleolítico, foron variadas para permitir a entrada do públicocfr. García Guinea, Altamira y otras cuevas de Cantabria, páx. 59-60.
O teito, formado por rocha calcaria, non é liso, senón que mostra protuberancias e concavidades, que están asucadas, tal como se presentan na actualidade, por moi numerosas fendas, que se poden apreciar nas fotos de boa calidade. Esas protuberancias xogaron un papel decisivo para o artista, pois bastantes dos animais están pintados adaptándose ás mesmas, axudándolle a achegarse á representación da terceira dimensión, tanto nos perfís do animal, como en partes avultadas do animal, p. ex., ventre ou lombo. miniatura|esquerda|300px|Xerarquización no gran teito, segundo Leroi-Gourhan
Figuras representadas Nas grandes figuras domina a representación zoomorfa, e o animal que aparece representado máis veces é o bisonte, con 16 figuras. Aparecen tamén dous cabalo, dous porcos bravos, unha cabra e mais dúas cervas de gran tamaño, a maior figura de todo o conxunto (2,25 m). Hai ademais outras figuras menores, como cabezas de cérvidos ou de touro, e algúns cabalos enteiros, pero de tamaño menor ou ben só representados pola súa cabeza. O total supera as cincuenta figuras, cun tamaño que oscila entre 1,5 m e 2,25 m.
Hai tamén algúns antropomorfos gravados. Ás figuracións animadas acompañan signos de diversos: tectiformes, liñas converxentes, claviformes etc.
Datación Os materiais arqueolóxicos atopados sitúan a arte de Altamira desde o Solutreano, mais as mellores obras corresponden ao Magadaleniense III-IV. A datación polo método do C14 asígnalle unha antigüidade absoluta de 13.500 anos.García Guinea, op. cit., páxs. 99-101
Ordenación Unha simple mirada ao conxunto bastará para observar que non existe -polo menos aparentemente- ningunha orde ou estrutura na disposición das figuras, aspecto no que coinciden diversos estudososcfr. García Guinea, op. cit., páx. 108; A. Leroi-Gourhan, Símbolos, artes y creencias de la Prehistoria, páx. 531. En efecto, os animais vistos desde un punto de vista calquera poden aparecer nas disposicións máis diversas, de xeito que copiados ou fotografados, desde a posición adoitada, uns aparecerán case en vertical, outros superpostos, ou os seus tamaños poden diferir. Porén, Leroi-Gourhan advirte polo menos que si hai unha certa xerarquía: os bisontes ocupan a posición central, en tanto as dúas cervas, os dous cabalos, o cáprido e os dous porcos bravos están colocados nas marxes, o que aparece reflectido nunha das ilustracións que acompañan este artigo.cfr. Leroi-Gourhan, op. cit., páx. 532
Sigfried Giedion coidou ter encontrado unha explicación para ese aparente desorde. En primeiro lugar o home primitivo non compartía a concepción do espazo ortogonal, en segundo tiñan un sentido diferente da orde. As paredes que escollían eran ante todo elixidas polo seu carácter sagrado. O seu espazo artístico carece de fondo e todas as direccións teñen o mesmo valor, do mesmo xeito que todas as superficies, fosen ou non regulares. De maneira que era indiferente se un animal aparece, para nós, en posición horizontal e, o do seu lado, en posición vertical. De igual xeito, non é absolutamente necesario separar uns doutros, de aí a frecuencia das superposicións; tampouco se gardan as proporcións (no Gran Teito hai figuracións de moi diferente tamaño e tamén superposicións); e aínda máis, con frecuencia se intercalan obras antigas e modernas: representacións auriñacienses conviven con outras magdalenianas. Como observa Giedion, unha perfecta fusión de onte, hoxe e mañá. Volvendo á composición espacial, Giedeon indica o exemplo de artistas esquimós, que debuxando en papel non teñen reparo en continuar un debuxo, na cara oposta se fai fallaAs ideas de Giedion sobre a concepción espacial primeva están expostas na parte sexta do seu libro El presente eterno: los comienzos del arte, páx. 573-599
Pintor e técnicas Segundo os autores da réplica da cova de Altamira, a denominada "Neocueva", Pedro Saura e Matilde Múzquiz, pintores e profesores da Facultade de Belas Artes da Universidade Autónoma de Madrid, os bisontes foron executados por un só e único artista, aínda que para a totalidade da cova recoñecen tres autorescfr., elmundo.es, 18/o6/2001; noutra publicación dixital, Mujereshoy, 22/07/2004, recoñecen os tres autores, e chegan a insinuar que talvez fosen mulleres.
O pintor efectuou seu labor con certa sobriedade de medios: os pigmentos foron dous:ocre e carbón vexetal; este tamén forneceu o material de debuxo. Os aglutinantes, do que tradicionalmente se pensaba que eran distintas materias, mesmo extravagantes (clara de ovo, graxa animal, ouriños, zumes vexetais, cola de peixe, sangue)Giedion, op. cit., páx. 478; Jorda Cerdá, Francisco, Técnicas y estilos del arte paleolítico, in rev. Historia 16, nº 10, febreiro de 1977, pá. 86, ficou demostrado por ambos pintores que era simple auga alcalina da mesma cova. Utilizaron tamén burís e outros materiais de sílex, algún tipo de pincel e pedazos de coiro. Para iluminar a estancia usáronse lámpadas ou lucernas de miolo de ósos con mechas de febras vexetais.cfr., a páxina web da "Neocueva", no apartado "¿Cómo se hizo?"
Múzquiz, nun filme didáctico emitido en 1992, mostrou o modo de traballo do pintor anónimo dos bisontes. Logo de rebaixar as partes necesarias da protuberancia, para adaptalas á idea mental do animal a representar, iniciaba un primeiro esbozo completo do animal, que abarcaría nas súas dimensións pola mesma envergadura dos seus brazos de extremo a extremo; esbozo que era efectuado cun raspado sobre a rocha do lombo e outras partes, ao que seguía o marcado cun tizón de carbón, retocando con liñas máis grosas ou sombreando as partes que lle podían interesar. Logo seguía a aplicación da cor esleída en auga, proceso no que podía obter matices diferentes a partir de pedazos de ocre. O traballo era realizado con seguranza e sen dúbidas, segundo Múzquiz, o que demostraba o talento do autor.O filme, foi emitido por TVE, en 1992, dentro do programa "La aventura del saber", foime imposíbel localizar a data de emisión e demais créditos
O resultado obtido era de gran calidade, policromado, e con efectos de tridimensionalidade e relevo.
Significado As interpretacións sobre a significación de Altamira son variadas, pois entra dentro dos diferentes supostos teóricos que tentaban explicar a arte prehistórica: maxia simpatética, arte pola arte, rituais de fertilidade etc. A máis directamente relacionada co Gran Teito, foi lanzada por Max Rahael, en 1945. Impresionado polas figuras da gran cerva e do gran bisonte, interpretounos como animais totémicos de dúas tribos: o Gran Teito representaría o enfrontamento entre ambos grupos nunha "batalla máxica".cfr., Giedion, op. cit., páxs. 479-480.
O método estatístico, elaborado por André Leroi-Gourhan e a malograda Annette Laming, móstrase máis cauto, pese ás reticencias de parte da comunidade científica. Aínda que non é este o lugar onde deba se exposto, as conclusións extraídas da análise de máis de 120 cavernas con mostras de arte paleolítica, mostran que hai un ordenamento icónico das mesmas, que responde a unha ideoloxía binaria do mundo da humanidade das cavernas. Esa ideoloxía binaria corresponde a un emparellamento de animais, que virían representar o mundo masculino (cabalo e animais asimilados) e o feminino (touro-bisonte e asimilados). Aquí predomina, obviamente, o bisonte, aínda que estean representados outros. Hai logo un terceiro animal, que en Altamira está identificado coa grande cerva. Por suposto, van acompañados de signos, que o método asigna ao mesmo principio binario. Como Leroi-Gourhan asenta: "é unha realidade de cifras, sen palabras e non se pode mostrar ningún mito nin describir ningún rito..., a sintaxe permanece idéntica en toda a área de difusión da arte parietal"Leroi-Gourhan, André, Las religiones de la Prehistoria. Barcelona. Ed. Lerna. 1987, trad. española do orixinal francés de 1964, páx. 75 e ss, para a cita páx. 104
Notas
Véxase tamén Outros artigos Arte rupestre Arte prehistórica
Categoría:Arte prehistórica Categoría:Prehistoria de España Categoría:Cantabria