A Compañía de Xesús (en latín Societas Iesu, S.I.) é unha orde relixiosa católica fundada por Ignacio de Loiola, que despois foi canonizado como Santo Ignacio de Loiola.

Traxectoria Fundada o 15 de agosto de 1534 en París, e aprobada pola igrexa en 1540 por medio da bula Regimini Militantis Ecclesiae do papa Paulo III, é unha orde apostólica que concreta a súa misión polo servizo da fe e a promoción da xustiza.

Os membros desta orde coñécense popularmente como os xesuítas. Con 20.000 membros, é a orde máis grande da Igrexa Católica da actualidade. A súa estrita formación de máis de dez anos (estudan filosofía e teoloxía, ademais de realizar "prácticas" de diversa natureza e estudar diferentes linguas) fixo que se convertesen durante máis de catro séculos nos líderes intelectuais do catolicismo. Os xesuítas realizan os tres votos habituais da vida relixiosa (obediencia, pobreza e castidade), pero ademais, suman outro voto de obediencia ao Papa. A Compañía de Xesús foi unha organización relixiosa que sempre viviu entre a loanza e a crítica, mais sempre na polémica. Galería de imaxes

Notas