La Higuera é unha pequena localidade situada ao sur da provincia Vallegrande no departamento de Santa Cruz en Bolivia.

Toponimia La Higuera (a figueira) debe o seu nome á abundante existencia, en épocas pasadas, da árbore do mesmo nome, cuxo froito é o figo.

Xeografía Atópase nos Andes a unha altura de 2.160 metros. Historia A localidade é coñecida por ser o lugar onde, o 9 de outubro de 1967, o sarxento do exército boliviano Mario Terán​​ executou na escola o Che Guevara,​ líder do Exército de Liberación Nacional de Bolivia (Guerrilla de Ñancahuazú), e ao seu compañeiro de armas Simeón Willy Cuba-Sanabria, despois da batalla da "quebrada" do Yuro, cando foi ferido e apresado, disolvéndose así o grupo tras dous anos de enfrontamento.

Na escola onde foi executado funciona na actualidade un museo na súa memoria. Por toda a vila hai inscricións, monumentos e homenaxes ao guerrilleiro arxentino-cubano.

O 9 de outubro de 2016 realizouse en La Higuera unha homenaxe ao Che na que participaron dous centos de persoas, entre elas o ministro de Cultura de Cuba, Abel Nieto.

Notas

Higuera Categoría:Departamento de Santa Cruz