Ucraína é un estado do leste de Europa. Trátase do segundo país máis grande do continente europeo despois de Rusia, coa que linda ao leste e ao nordés. Amais, Ucraína linda tamén con Belarús ao norte; con Hungría, Eslovaquia e Moldova ao oeste; e co mar Negro e o mar de Azov ao sur e sueste. Kíiv é a capital da nación maila súa cidade máis grande, seguida por Khárkiv, Odesa e Dnipro. A lingua ucraína é a lingua oficial do país.

Esténdese por un territorio xeográfico de 603 700 km² e comprende un territorio etnográfico mixto de 945 000 km². Ucraína é o segundo maior país de Europa (detrás de Rusia).

A poboación de Ucraína é de arredor de 41 millóns de habitantes.

Clima Estando situada entre os paralelos 43º e 53º N, o seu clima, nas rexións setentrionais, é temperado frío. Os invernos son longos e rigorosos, co solo cuberto de neve. No sur o clima é máis agradable.

Na produción de trigo, cebada e remolacha, Ucraína ocupa o terceiro lugar no mundo. Alén do cultivo de cereais e da produción pecuaria, Ucraína destaca polas ricas reservas de minerais, sobre todo de carbón, ferro e manganeso.

Historia

Idade Antiga Os primeiros asentamentos humanos no que hoxe é Ucraína datan do 32000 a.C., existindo evidencias da cultura gravetiana nos Montes de Crimea. No 4500 a.C. a cultura neolítica de Cucuteni floreceu nunha ampla área que incluía partes da moderna Ucraína, tales como Tripilia e a rexión enteira do Dniéper-Dniéster.

Durante a Idade de Ferro, o territorio habitárono os cimerios, escitas e sármatas. Entre o 700 a.C. e o 200 a.C. foi parte do reino de Escitia.

Máis tarde, a partir do século VI a.C. os antigos gregos, romanos e bizantinos fundaron colonias no nordeste do mar Negro, como Tiras, Olbia e Germonasa. Os godos establecéronse na zona pero caeron baixo a presión dos hunos a partir do 370 d.C.

No século VII, o territorio do leste de Ucraína foi o centro da Antiga Gran Bulgaria porén a fins dese século a maioría das tribos búlgaras migraron en diferentes direccións, o que aproveitaron os kházaros para se facer con boa parte do territorio.

Idade de Ouro de Kíiv

Os rus', un grupo de varegos que primeiro se asentaron en Ladoga e Nóvgorod e que gradualmente foron cara ao sur chegando a Kíiv contra o ano 880, estableceron a Rus' de Kíiv, Estado que incluía o leste da moderna Ucraína, Belarús, e unha parte importante situada no territorio da moderna Rusia e que durante os séculos X e XI se converteu no máis grande e poderoso Estado de Europa, e nos séculos seguintes conformaría a cerna da identidade nacional tanto de ucraínos como de rusos. Kíiv, a capital da moderna Ucraína, era a cidade máis importante da Rus'. miniatura|Bautismo do Gran Príncipe Vladimiro que significou a adopción do cristianismo na Rus de Kíiv.

Os varegos asimiláronse coa poboación eslava local que se converteu en parte da primeira dinastía dos Rus', a dinastía Rurícovich. A Rus' de Kíiv compúñase de varios principados gobernados por príncipes ruríquidas, sendo o de Kíiv o máis prestixioso e influente de todos eses principados.

A Idade de Ouro da Rus' de Kíiv comezou co reinado de Vladimiro o Grande (980-1015), quen se converteu ao cristianismo. Durante o reinado do seu fillo Iaroslav (1019-1054), a Rus' chegou ao cénit do seu desenvolvemento cultural e poder militar. Despois incrementouse a fragmentación ao aumentar a importancia dos poderes rexionais, con Vladímir II Monómaco (1113-1125) e o seu fillo Mstislav (1125-1132) produciuse un rexurdimento do poder de Kíiv que se desintegrou tras a morte de Mstislav.

Durante os séculos XI e XII producíranse constantes incursións de tribos nómades turcófonas, como os pechenegos e os kipchaks, causando unha masiva migración de poboación eslava cara ao norte. No século XIII a invasión mongol devastou a Rus' de Kíiv e a cidade de Kíiv foi totalmente destruída en 1240. No territorio ucraíno actual, ao estado da Rus' de Kíiv sucedérono os principados de Halych e Volodimir-Volinskyi, que se acabaron unido no estado de Galicia-Volinia.

Danilo Romanovich, fillo de Roman Mstislavich, reunificou a Rus' suroeste, incluíndo Volinia, Galicia e a antiga capital da Rus', Kíiv. Un arcebispo papal coroouno en Dorohichin en 1253 como o primeiro rei de toda a Rus'. Baixo o reinado de Danilo o Reino de Galicia-Volinia foi un dos estados máis poderosos do centro-leste de Europa."Daniel Romanovich" .Encyclopædia Britannica. 2007. Britannica Concise Encyclopedia. 23 de agosto de 2007

Dominación estranxeira Ucraína baixo Polonia-Lituania miniatura|Gran parte de Ucraína estivo a partir do século XIV dominada por Lituania e, desde a Unión de Lublin (1569), por Polonia, como se aprecia nesta imaxe da Confederación Polaco-Lituana en 1619. miniatura|O Khanato de Crimea foi unha das principais potencias musulmás en Europa oriental até finais do século XVIII.

A mediados do século XIV, logo da morte de Bolesław Jerzy II de Mazovia, o rei Casimiro III de Polonia comezou unha serie de campañas (1340-1366) para facerse con Galicia-Volinia. Entrementres o corazón da Rus', incluíndo Kíiv, converteuse despois da batalla do Río Irpen en territorio do Gran Ducado de Lituania, gobernado por Gediminas e os seus sucesores. Tras a Unión de Krewo en 1386 —unha unión dinástica entre Polonia e Lituania—, a maior parte do territorio de Ucraína foi controlado polo Gran Ducado de Lituania. Neste momento foi cando se comezaron a utilizar as formas latinizadas do vocábulo "Rus', Rutenia e rutenos, para designar a terra e o pobo de Ucraína, respectivamente.Subtelny, p. 69.

En 1392 as denominadas Guerras de Galicia-Volinia remataron. Os polacos colonizaron numerosas terras despoboadas no norte e centro de Ucraína, fundando ou refundando moitas vilas. En 1430 o reino de Polonia incorporou Podolia como unha voivodía (voivodía de Podolia). En 1441, no sur de Ucraína, especialmente en Crimea e nas estepas que a circundan, o príncipe Haci I Giray fundaba o khanato de Crimea.

En 1569 a Unión de Lublin establecía a Confederación Polaco-Lituana, e unha considerable parte do territorio ucraíno foi transferido do Ducado de Lituania á coroa do Reino de Polonia, converténdose en territorio polaco de iure. A polonización que xa comezara a fins do século XIV pola presión demográfica, cultural e política polaca, acentuouse pola conversión de gran parte da clase alta de Rutenia ao catolicismo e tornouse indistinguíbel da nobreza polaca.Subtelny, pp. 92–93.

Así, os plebeos ucraínos, oprimidos polos seus propios líderes da nobreza rutena, fixéronse aliados dos cosacos, un pobo nómade da zona que continuaban sendo cristiáns ortodoxos e que recorrían a accións violentas contra os que percibían como sus inimigos, especialmente o Estado polaco e os seus representantes locais.

Así mesmo, polo sur, o territorio de Crimea foi gobernado por khans musulmáns aliados ou vasalos do Imperio Otomán. O khanato de Crimea foi un dos poderes máis forte no leste de Europa ata o século XVIII, chegando baixo Devlet I Giray na Guerra Ruso-Crimea de 1571 a capturar e arrasar Moscovia. A poboación das fronteiras sufría invasións tártaras anuais na procura de escravos para o Imperio Otomán,Halil Inalcik. "Servile Labour in the Ottoman Empire" in A. Ascher, B. K. Kiraly, and T. Halasi-Kun (eds), The Mutual Effects of the Islamic and Judeo-Christian Worlds: The East European Pattern, Brooklyn College, 1979, pp. 25–43. e precisábanse ducias de milleiros de soldados para protexeren as fronteiras do sur e facían difícil a posta en cultivo e o poboamente das terras do sur, máis fértiles e con temperaturas máis suaves.

Ucraína tras os repartimentos de Polonia miniatura|"Os cosacos de Zaporozhia escriben unha carta ao Sultán de Turquía".Lenzo de Ilia Repin (1880-1891). Museo Estatal Ruso, San Petersburgo. A mediados do século XVII, estableceuse un semiestado militar cosaco, Zaporozhia, polos cosacos do Dniéper e os campesiños rutenos que aíndan fuxían da servidume polaca. Polonia tiña pouco control real desta terra e encontraron nos cosacos un útil aliado na súa loita contra os turcos e os tártaros e a miúdo combatían xuntos en campañas militares. Porén, os continuos enfrontamentos entre os campesiños e a nobreza polaca, provocados pola explotación da man de obra e a supresión da igrexa ortodoxa, fixo que os cosacos deixasen de confiar no goberno polaco. Aspiraban a ter un representante no Sejm de Polonia, o recoñecemento das tradicións ortodoxas e a expansión gradual do exército cosaco, pero todo isto foi negado pola nobreza polaca. Finalmente, os cosacos acudiron á protección da Igrexa ortodoxa de Rusia, unha decisión que máis adiante provocaría a caída do Estado polaco-lituano, e a preservación da Igrexa ortodoxa en Ucraína.Magocsi, p. 195.

En 1648, Bohdán Jmelnytsky conduciu o levantamento cosaco máis grande contra a República das Dúas Nacións e o seu líder Xoán II Casimiro Vasa.Subtelny, pp. 123–124. Tras a firma do Tratado de Pereyáslav de 1654 e a Guerra Ruso-Polaca de 1654-1667, a parte oriental de Ucraína integrouse en Rusia como o Hetmanato cosaco. Despois dos repartimentos de Polonia ao final do século XVIII, Hálich foi tomada polo Imperio austríaco, mentres que o resto de Ucraína se incorporou ao Imperio Ruso. O intento de crear a mancomunidade polaco-lituano-ucraína, ao final do século XVII, fracasara.

Desde o principio do século XVI até o final do XVII, bandas de tártaros de Crimea, como quedou dito, fixeron incursións case cada ano nas terras agrícolas eslavas buscando cativos para vender como escravos, aínda que estas cesaron tras a anexión do khanato de Crimea por parte de Rusia, en 1783, e a rexión foi poboada por emigrantes doutras partes de Ucraína.

A pesar das promesas de autonomía dadas polo Tratado de Pereyáslav, a elite ucraína e os cosacos nunca recibiron as liberdades e a autonomía que esperaban de Rusia. Porén, dentro do Imperio, varios ucraínos chegaron ás maxistraturas máis altas do Estado e da Igrexa ortodoxa rusa.Entre os ucraínos que alcanzaron os postos máis altos no Imperio ruso están Alekséi Razumovski, Alexander Bezborodko e Iván Paskévich. E entre os ucraínos que tiveron grande influencia sobre a Igrexa ortodoxa rusa están Stephen Yavorsky, Teófanes Prokopóvich e Demetrio de Rostov.

Nun período posterior, o réxime tsarista levou a política de "rusificación" ás terras de Ucraína, coa que intentou suprimir o uso da lingua ucraína en forma impresa e pública, en medios de comunicación, discursos e trámites legais.

Renacemento ucraíno: Ucraína na actualidade Gran parte do territorio actual de Ucraína, especialmente a provincia de Galicia, pertenceu ata o inicio do século XX ao Imperio Austro-Húngaro. No século XX será parte da URSS como a República Socialista Soviética de Ucraína.

Neste período comezou a redespertar a conciencia nacional ucraína. Despois da Revolución Rusa de 1917, Ucraína tivo unha breve independencia en dous Estados, a República Nacional de Ucraína Occidental e a República Popular de Ucraína, unidos —aínda que só fose nominalmente— en 1920. En 1922, porén, o país volve a ser dividido, desta vez entre Polonia e a Unión Soviética. A parte soviética foi unha das repúblicas fundadoras deste Estado baixo o nome de República Socialista Soviética de Ucraína.

Durante os anos máis duros da Unión Soviética baixo Stalin sufriu moitas purgas, entre elas a purga dos intelectuais ucraínos (escritores, artistas, músicos, actores etc). Este época coñécese como "Renacemento executado" (розстрі́ляне Відро́дження, rozstríliane Vidródjennia, anos 20 e 30). Coincidindo con isto prodúcese o episodio do xenocidio ucraíno chamado Holodomor (Голодомо́р, 1932-33), unha fame artificial creada polo réxime de Stalin, que provocou a morte de millóns de persoas.