O xacemento de Xaiba (en ), descuberto no deserto de Rub al-Khalí no 1968, é un xacemento petrolífero situado en Arabia Saudita, aproximadamente a 40 quilómetros do límite norte do deserto de Rub al-Khalí e 10 quilómetros da fronteira sur de Abu Dabi (Emiratos Árabes Unidos).Donovan Meister & George Steinmetz (2005) Media luna vacía. En: Revista National Geographic edición española de febreiro do 2005.

Conta cunha área de operacións de 1,5 millóns de quilómetros cadrados, unha área superior á suma de Francia, España e Alemaña. Para poder aproveitalo, a compañía concesionaria Aramco construíu un complexo de máis de cen pozos e tres factorías separadoras de petróleo e gas, unha rede de oleodutos de 635 quilómetros ata a refinaría de Abqaiq e tres quilómetros de pistas de aterraxe grazas a 14.000 traballadores en ano e medio.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Donovan Meister & George Steinmetz (2005) Media luna vacía. En: Revista National Geographic edición española de febreiro do 2005.

Categoría:Economía de Arabia Saudita Categoría:Xeografía de Arabia Saudita Categoría:Industria petroleira