Fermín Luis Fernández Penzol-Labandera,"Certificación en extracto de acta de nacimiento" nado en Sahagún (provincia de León) o 19 de agosto de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 5 de marzo de 1981, foi un bibliófilo, rexistrador da propiedade e galeguista do interior durante a ditadura franquista.
Traxectoria miniatura|Placa na Casa Galega da Cultura. O seu pai, Indalecio Fernández López, era natural de Ponferrada e a súa nai, María de la Asunción Penzol-Labandera, de Castropol. Naceu en Sahagún, onde residía a familia polo traballo de xuíz do pai, porén, aos poucos meses de vida de Fermín trasladáronse a Mondoñedo. Á idade de ingresar no instituto foron a vivir a Pontevedra, onde fixo o bacharelato. Despois a familia volveu a trasladarse, desta volta a Madrid, onde Fermín estudou Dereito.
Na etapa das Irmandades da Fala e do nacionalismo, sentiuse especialmente identificado con Vicente Risco e Antón Villar Ponte. En Madrid fundou a Mocidade Céltiga con Salvador Mosteiro Pena. Máis tarde, nos anos 30, colaborou con Alexandre Bóveda, tamén dende Madrid.
No franquismo Durante o franquismo serviu de contacto con Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. En 1950 incorporouse ó equipo fundador da Editorial Galaxia.
Cos fondos da súa biblioteca creouse a Fundación Penzol na cidade de Vigo, inaugurada o 5 de maio de 1963 cunha conferencia do profesor Manuel Rodrigues Lapa. alt=Sepulturas da familia de Fermín Penzol|miniatura|Sepultura de Fermín Penzol e Blanca Jiménez. Recibiu o Pedrón de Ouro en 1971.
Está soterrado no cemiterio parroquial da vila de Castropol.
Vida persoal En decembro de 1948 casou con Blanca Jiménez Alonso (Ribadeo 1926-2012) que o axudou de xeito entusiasta no seu labor como bibliófilo nos últimos anos da súa vida. Blanca Jiménez foi presidenta e presidenta de honra, sucesivamente, da Fundación Penzol, integrante do plenario do Consello da Cultura Galega entre 2001 e 2008 e Medalla Castelao en 2002."Falece Blanca Jiménez Alonso, viúva de Fermín Penzol" AELG, 8/10/2012. Non tiveron fillos.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, Olga e , Pedro (1987). Guía das coleccións bibliograficas e documentais da Fundación Penzol. ISBN 84-300-2746-7. , H. (coord.) (2010). Fermín Penzol. Unha obra para un país Galaxia. ISBN 978-84-9865-312-0.
Fermín Penzol in memoriam xulio-agosto-setembro 1981. Grial n.º 73. . Inclúe: "Perder amigos: Fermín Penzól" por Ánxel Fole. "A personalidade política de Fermín Penzol" por Ramón Piñeiro. "Penzol e a súa obra" por Ramón Lorenzo. "Documentación epistolar". "Discanto pra Fermín Penzol" por Fermín Bouza-Brey. "Fermín en Barcelona" por Basilio Losada. "Unha lembranza da figura humana e cordial de Fermín Penzol" por Isaac Díaz Pardo. "O meu Fermín, o noso Penzol, a "Penzol" de todos" por Xesús Alonso Montero. "Fermín Penzol e a "Mocedade Céltiga" de Madrid" por Emilio González López. "Os espellos de Fermín Penzol" por Marino Dónega. "Protagonistas do galeguismo no Arquivo da Fundación Penzol" por Olga Gallego e Pedro López. "Os fondos bibliográficos da Biblioteca Penzol".
Outros artigos Fundación Penzol Bibliofilia
Ligazóns externas Fundación Penzol: presentación Expediente e notas no Instituto de Pontevedra , Daniel. "Libros ao servizo da patria" El País. 12/11/2010.
Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Nados en Sahagún Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega Categoría:Bibliófilos Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid