Xosé María Castroviejo Blanco-Cicerón, nado en Santiago de Compostela o 4 de marzo de 1909 e finado en Tirán (Moaña) o 23 de marzo de 1983, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Amando Castroviejo e irmán de Concha Castroviejo, así como neto por parte de nai do arqueólogo carlista Ricardo Blanco-Cicerón. Pasou a súa infancia e mocidade no lugar de Paizás (parroquia de Trobe, no concello de Vedra), e sobre esa etapa escribiu o libro de recordos Memorias dunha terra (Ed. Galaxia, 1973). miniatura|Amando Castroviejo con Xosé María, Concha, Pilar e Ana María. 1926. Estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Lión, onde estivo cunha bolsa de ampliación de estudos en 1931. Durante a súa época de estudante en Santiago pertenceu á Federación Universitaria Escolar. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó, e formou parte do grupo cruzadista. Posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS) e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.

Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do golpe de estado de 1936 uniuse ás forzas franquistas, e combateu no exército «nacional». Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego, pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas, como Vértice, Amanecer, La Voz de España, ou a revista Escorial,. Recibiu varios premios polos seus traballos xornalísticos.

A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento. Unha das súas primeiras publicacións, Altura (1939), tivo unha boa acollida no momento da súa publicación. Tamén cultivou a prosa, seguindo o estilo de Álvaro Cunqueiro, con quen escribiu o libro Viaje por los montes y chimeneas de Galicia.. Xunto a Cunqueiro publicou tamén a obra gastronómica Teatro venatorio y coquinario gallego (1958). Castroviejo escribiu tamén unha peza teatral, Don Quijote. Colaborou na revista Nós (nº 91, xullo de 1931), co poema "Noroeste". Defendeu o uso da lingua galega fronte a Juan Aparicio, director xeral de Prensa, que consideraba un snobismo que Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega traducisen a este idioma o filósofo nacionalsocialista Martin Heidegger. Obra

En galego Tempo de outono e outros poemas (1964). Galaxia. Memorias dunha terra (1973). Galaxia. Reeditado en 2026.

En castelán Altura, 1939 Mar del Sol, poemas de un diario a bordo, 1940 Los paisajes iluminados, 1945 Apariciones en Galicia, 1955, Porto y Cía. Editores La burla negra, 1955 El pálido visitante: Ejemplares relatos de avisos y apariciones en el Finisterre, 1960, Porto y Cía.En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia Galicia: guía espiritual de una tierra, Madrid, 1960 Las tribulaciones del cura de Noceda, Barcelona, 1970

Obras colectivas Teatro venatorio y coquinario gallego, 1958, Espasa. Con Álvaro Cunqueiro. Viaje por los montes y chimeneas de Galicia, 1962, Colección Austral, Espasa. Con Álvaro Cunqueiro.

Vida persoal

Casou en 1938 con María Francisca Bolívar Sequeiros, filla de Tomás Bolívar Massó.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

, I.; , J.; , J. M.; , M. T.; , J. M. (2004). Historia Literatura Española III. Editorial Everest. ISBN 978-8424119515 . , Carlos; , Julio; , Iris M. (2000) . Historia social de la literatura española. Madrid: Editorial Akal . , Germán; , Maureen; , Janet (1993). Dictionary of the literature of the Iberian peninsula I. Santa Barbara: Greenwood Publishing Group. ISBN 0313287325 .

, Miguel (2000). Estudios sobre Manuel Machado. Sevilla: Ed. Renacimiento . , Daniel (2012). El enemigo yanqui: Las raíces conservadoras del antiamericanismo español. Zaragoza: Genueve Ediciones. ISBN 978-84-940186-3-3 .

, Manuel (2006). El espejo de obsidiana. Estudios de literatura hispanoamericana y española. Ediciones Universidad de Lérida .

, Ángel (2003). Diccionario bibliográfico de la poesía española del siglo XX. Editorial Renacimiento. ISBN 9788484721093 . , David W. (2008). Franco and the Axis Stigma. Palgrave Macmillan .

, Dolores (coord.): Diccionario da literatura galega, Vol 1, Galaxia, Vigo, 1995, p. 133.

Outros artigos Concepción Castroviejo Blanco-Cicerón

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Carlistas de Galicia Categoría:Falanxistas Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá