Cat Island ou Illa do Gato é unha das illas das Bahamas e tamén un dos seus distritos. Localízase no leste do arquipélago. A illa ten o punto máis alto do arquipélago enteiro, o monte Alvernia, con 63 metros. A illa posúe 1.647 habitantes (censo de 2000). As principais poboacións son Arthur's Town (onde Sidney Poitier pasou a súa infancia), Orange Creek e Port Howe. Cat Island tamén foi o berce do músico Tony McKay, máis coñecido por Exuma. A illa ten dous aeroportos, o New Bight Airport e o Arthur's Town Airport.

Categoría:Illas do Atlántico Categoría:Arquipélago das Bahamas Categoría:Illas das Bahamas Categoría:Distritos das Bahamas