Lino Gómez Canedo, nado en Coiro (A Laracha) o 24 de xuño de 1908 e finado en Cidade de México o 24 de decembro de 1990,Soto Pérez, José Luis (2015): Junipero Serra en la vida y obra de Lino Gómez Canedo. Santiago de Compostela. Ficha biográfica de Lino Gómez Canedo en la solapa de la contraportada. foi un historiador, escritor e franciscano galego.Biografía de Lino Gómez Canedo en la RAH
Traxectoria
En agosto de 1923 vestiu o hábito franciscano no convento de San Diego de Canedo (Ponteareas). Posteriormente estudou filosofía no convento da Nosa Señora de Vistafermosa (Ourense) e teoloxía no convento de San Francisco do Val de Deus (Santiago de Compostela), onde profesou o 25 de xuño de 1929 e foi ordenado sacerdote en xuño de 1931.Soto Pérez, José Luis (1969): Un siglo de historia literaria(1862-1962). Imp. El Eco Franciscano. Santiago de Compostela. Pp.368-377.
Desde a súa época de estudante tivo a vocación de historiador, disciplina na que entrou baixo a dirección de frei Atanasio López Fernández. En 1933 viaxou a Roma onde se licenciou en Historia Eclesiástica, o que lle serviría para entrar na Academy of American Franciscan History, con sede en Washington D.C., onde traballou durante varias décadas.
O padre Gómez Canedo foi un home de letras e de palabras que, ao tempo que cumpría cos seus quefaceres clericais, furgou nos cartapacios eclesiástico-historiográficos de diversos arquivos de Europa, América e Asia, deixando un numeroso legado histórico de gran valor documental. Faleceu en Cidade de México o 24 de decembro de 1990.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía ”Colección Galicia e América”, Publicacións da Xunta de Galicia Cartas que fan biografía. Correspondencia (1968-1990) de Francisco Morales Valerio a Liño Gómez Canedo. Compilador e editor José Luís Soto Pérez. Santiago de Compostela, 2026
Categoría:Membros da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Laracha Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1990