Galicia Social Agraria foi unha publicación periódica editada en Mondoñedo entre 1930 e 1936.
Historia e características
Órgano da Unión Regional de Federaciones de Sindicatos Agrícolas, esta nova cabeceira formouse da unión de Acción Social de Mondoñedo e Galicia Agraria da Coruña. O primeiro número apareceu en xullo de 1930, a publicación tiña periodicidade mensual e contaba con 28 páxinas. Antonio Maseda Bouso era o seu director.
Véxase tamén Bibliografía
Martínez-López, Alberte (1986). "A prensa católico-agraria en Galiza". Sociedade e movemento obreiro en Galicia. Ourense. Deputación Provincial. páxs. 321-372. ISBN 84-505-3843-2.
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Mondoñedo Categoría:Prensa agraria Categoría:1930 en Galicia