Gallur é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca da Ribera Alta del Ebro. A súa poboación era de 2.921 habitantes en 2007, cunha área superficial de 41,70 km², o que lle conferúa unha densidade de poboación de 70,05 hab/km².
Xeografía Está situado sobre materiais cuaternarios do río Ebro, na súa marxe dereita e entre ese curso de auga e o Canal Imperial de Aragón. Representa unha encrucillada de camiños naturais e estradas. Dista 50 km da capital provincial, Zaragoza.
Historia A orixe do lugar foi o antigo castelo, xa desaparecido, do século XII. En 1138, tivo aquí lugar, a batalla de Gallur, entre navarros e tropas do condado de Barcelona.
Nome Existen dúas explicacións do nome, unha filolóxica e outra popular:
No termo municipal de Gallur atopouse un bronce que mencionaba a celebración duns xogos nun pago dos galos: pagus Gallorum. O Pagus facía referencia a unha agrupación humana intermedia entre a familia e a tribo e, ao tempo, era unha circunscrición territorial. Sen citar este dato, é o étimo aceptado por Nieto BallesterNieto Ballester, Emilio, Breve diccionario de topónimos españoles. Madrid. Alianza Ed. 1997, páx. 173
O escudo de armas do castelo desaparecido tiña un galo, e creuse que por iso o lugar tomou o seu nome. Esta é, en realidade, unha etimoloxía popular.
Na fala baturra ás veces Gallur pode pronunciarse, máis ou menos, Gallud.
Festas Cátedra de San Pedro, 22 de febreiro. Santo Antonio de Padua, 13 de xuño. San Pedro Apóstolo, 29 de xuño.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Concellos da provincia de Zaragoza