Nürburgring é un autódromo situado ao redor do pobo e castelo medieval de Nürburg nas montañas Eifel, Alemaña. Considerado como o circuíto máis difícil e esgotador do mundo, coñéceselle como Grüne Hölle ou "inferno verde", apelativo inventado polo piloto de Fórmula 1 Jackie Stewart.

Historia e características O circuíto orixinal concibiuse como lugar de probas das marcas alemás de automóbiles. A construción do circuíto, deseñado por Otto Creutz, iniciouse en setembro de 1925. Nesta época existía un único trazado de 28.3 km de 6.7 m de ancho e estaba formado por dúas seccións, a sección sur, Südschleife, de 7.5 km, e a sección norte, Nordschleife, de 22.8 km. O primeiro Campionato Mundial de Motociclismo disputouse nesta pista o 19 de xuño de 1927 e un mes máis tarde, o primeiro Gran Premio de Alemaña. thumb|Vista En 1929 utilizouse por última vez o circuíto completo en competicións internacionais. Os pilotos que conseguiron recordar cada curva e gañar foron chamados Ringmeister ("mestre do anel"), como Rudolf Caracciola, Tazio Nuvolari e Bernd Rosemeyer.

As competicións de Fórmula 1 iniciáronse en 1951 e desde o principio incluíron o Gran Premio de Alemaña (en 1959 disputouse en AVUS, en Berlín). Xurdiron novos Ringmeister, tales como Alberto Ascari, Juan Manuel Fangio, Stirling Moss, John Surtees, Jackie Stewart e Jacky Ickx. A finais dos anos 1960, a pista era cada vez máis perigosa debido ao aumento constante de velocidade dos Fórmula 1, polo que en 1970 o Gran Premio de Alemaña mudouse temporalmente ao Hockenheimring mentres se reconstruía a sección norte. Elimináronse obstáculos e instaláronse barreiras de seguridade, pero isto foi suficiente por poucos anos. Desde 1976, a pista xa non cumpría coas novas regulacións de seguridade e, polas súas dimensións, tampouco se adaptaba o espectáculo en televisión - era imposible cubrir o percorrido enteiro mediante cámaras de televisión. Un accidente case fatal de Niki Lauda, un dos maiores opoñentes ao circuíto, precipitou a saída do Nürburgring das competencias de Fórmula 1.

Entre 1981 e 1984, reconstruíuse o circuíto, en parte sobre o antigo trazado, cunha lonxitude reducida a 4,5 km. Este foi completado en 1984 co que a Fórmula 1 regresou a Nürburgring ese ano, en 1985 e logo desde 1995. Chamouse Gran Premio de Europa pero tamén Gran Premio de Luxemburgo. En 1999 as choivas intermitentes fixeron que moitos fanáticos cresen que a "pantasma do Nordschleife" volvera - durante uns minutos unha zona da pista estaba absolutamente mollada, e a outra totalmente seca.

O Nordschleife utilízase en competicións especiais, como as 24 horas de Nürburgring, e como pista de probas. Ademais calquera persoa pode pagar para correr nela co seu automóbil, sexa un turismo de baixa potencia ou un superdeportivo.

miniatura|Mapa de ambos circuítos coa sección do actual Grand-Prix en negro

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Nürburgring AnoPilotoAutoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de Nürburgring Nordschleife Alberto AscariFerrari 3:23:03,300 h 22´810 km 20 134´801 km/h 29. xullo Alemaña Alberto AscariFerrari 3:06:13,300 h 22´810 km 18 132´288 km/h 3. agosto Giuseppe FarinaFerrari 3:02:25,000 h 22´810 km 18 135´047 km/h 2. agosto Juan Manuel FangioMercedes GP 3:45:45,800 h 22´810 km 22 133´366 km/h 1. agosto Juan Manuel FangioFerrari 3:38:43,700 h 22´810 km 22 137´656 km/h 5. agosto Juan Manuel FangioMaserati 3:30:38,300 h 22´810 km 22 142´943 km/h 4. agosto Tony BrooksVanwall 2:21:15,000 h 22´810 km 15 145´338 km/h 3. agosto Stirling MossLotus-Climax 2:18:12,400 h 22´810 km 15 148´538 km/h 6. agosto Graham HillBRM 2:38:45,300 h 22´810 km 15 129´312 km/h 5. agosto 1963 John SurteesFerrari 2:13:06,800 h 22´810 km 15 154´222 km/h 4. agosto 1964 John SurteesFerrari 2:12:04,800 h 22´810 km 15 155´429 km/h 2. agosto 1965 Jim ClarkLotus-Climax 2:07:52,400 h 22´810 km 15 160´542 km/h 1. agosto Jack BrabhamBrabham-Repco 2:27:03,000 h 22´810 km 15 139´606 km/h 7. agosto Denis HulmeBrabham-Repco 2:05:55,700 h 22´835 km 15 163´200 km/h 6. agosto Jackie StewartMatra-Ford 2:19:03,200 h 22´835 km 14 137´943 km/h 4. agosto Jacky IckxBrabham-Ford 1:49:55,400 h 22´835 km 14 174´498 km/h 3. agosto Jackie StewartTyrrell-Ford 1:29:15,700 h 22´835 km 12 184´191 km/h 1. agosto Jacky IckxFerrari 1:42:12,300 h 22´835 km 14 187´676 km/h 30. xullo Jackie StewartTyrrell-Ford 1:42:03,000 h 22´835 km 14 187´961 km/h 5. agosto Clay RegazzoniFerrari 1:41:35,000 h 22´835 km 14 188´824 km/h 4. agosto Carlos ReutemannBrabham-Ford 1:41:14,100 h 22´835 km 14 189´474 km/h 3. agosto James HuntMcLaren-Ford 1:41:42,700 h 22´835 km 14 188´586 km/h 1. agosto Nürburgring Grand-Prix-Kurs Alain ProstMcLaren-TAG-Porsche 1:35:13,284 h 4´542 km 67 191´751 km/h 7. outubro22x20px Europa Michele AlboretoFerrari 1:35:31,337 h 4´542 km 67 191´147 km/h 4. agosto Alemaña Michael SchumacherBenetton-Renault 1:39:59,044 h 4´556 km 67 183´180 km/h 1. outubro 22x20px Europa Jacques VilleneuveWilliams-Renault 1:33:26,473 h 4´556 km 67 196´007 km/h 28. abril Jacques VilleneuveWilliams-Renault 1:31:27,843 h 4´556 km 67 200´244 km/h 28. setembro Luxemburgo Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes 1:32:14,789 h 4´556 km 67 198´545 km/h 27. setembro Johnny HerbertStewart-Ford 1:41:54,314 h 4´556 km 66 177´034 km/h 26. Setembro 22x20px Europa Michael SchumacherFerrari 1:42:00,307 h 4´556 km 67 179´541 km/h 21. Maio Michael SchumacherFerrari 1:29:42,724 h 4´556 km 67 204´143 km/h 24. Xuño Rubens BarrichelloFerrari 1:35:07,426 h 5´146 km 60 194´742 km/h 23. xuño Ralf SchumacherWilliams-BMW 1:34:43,622 h 5´148 km 60 195´633 km/h 29. xuño Michael SchumacherFerrari 1:32:35,101 h 5´148 km 60 200´160 km/h 30. maio Fernando AlonsoRenault 1:31:46,648 h 5´148 km 59 198555 km/h 29. maio Michael SchumacherFerrari 1:35:58,765 h 5´148 km 60 193´081 km/h 7. maio Fernando AlonsoMcLaren-Mercedes 2:06:26,358 h 5´148 km 60 146´567 km/h 22. xullo Mark WebberRed Bull-Renault 1:36:43,310 h 5´148 km 60 191´599 km/h 12. xullo Alemaña Lewis HamiltonMcLaren-Mercedes 1:37:30,224 h 5´148 km 60 190´059 km/h 24. xullo 2013 Sebastian VettelRed Bull-Renault 1:41.14.711 h 5´148 km 60 182´896 km/h 7. xullo Record Nordschleife: J.M.Fangio/J.Stewart (3 Veces); Record GP-Kurs: M.Schumacher (5 Veces)

1000px|Boxes de Nürburgring

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do Circuíto (en inglés)

Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos do DTM Categoría:Circuítos de carreiras de Alemaña Categoría:Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1