miniatura|Paddock Hill Bend, Brands Hatch
Brands Hatch é un autódromo situado en Kent, Inglaterra. Albergou ao Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1 nos anos pares entre as tempadas e , e tamén ao Gran Premio de Europa en e . O nome do circuíto provén da palabra gaélica Brondehach, que se compón de bron ("pendente forestada") e hach ("entrada ao bosque"). Brands Hatch tamén albergou outras categorías do deporte motor, como o A1 Grand Prix, o Campionato Mundial de Turismos, o Deutsche Tourenwagen Masters, o Campionato de Gran Bretaña de Fórmula 3, o Fórmula 3 Euroseries, os campionatos europeos e británicos de Superbikes, e o Campionato Británico de GT.
O circuíto
Brands Hatch ofrece dúas configuracións de trazado: o trazado máis curto do "Circuíto Indy" (1´928 km.) atópase totalmente dentro dun anfiteatro natural, ofrecendo aos espectadores vistas de case todo o trazado máis curto desde dondequiera que miren. A distribución máis longa de "Grand Prix" (3´915 km.) foi a sede da Fórmula Un, incluíndo eventos como o duelo de Jo Siffert con Chris Amon en e a primeira vitoria do futuro Campión do mundo Nigel Mansell en . As restricciones de ruído e a proximidade dos residentes locais ao trazado de Gran Premio significan que o número de carreiras celebradas no circuíto estendido limítanse a só unhas poucas por ano (normalmente para series de alto perfil como o BTCC e o BSB).
O circuíto británico de Rallycross en Brands Hatch foi deseñado e construído polo catro veces campión británico de Rallycross Trevor Hopkins. Ten aprox. 1´448 km.s de longo, rematouse ao redor de 1981.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Brands Hatch AnoPilotoAutoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de 1964 Jim ClarkLotus-Climax 2:15:07,000 h 4´265 km 80 151´514 km/h 11. Xullo Reino Unido 1966 Jack BrabhamBrabham-Repco 2:13:13,400 h 4´265 km 80 153´667 km/h 16. Xullo 1968 Jo SiffertLotus-Ford 2:01:20,300 h 4´265 km 80 168´718 km/h 20. Xullo 1970 Jochen RindtLotus-Ford 1:57:02,000 h 4´265 km 80 174´925 km/h 18. Xullo 1972 Emerson FittipaldiLotus-Ford 1:47:50,200 h 4´265 km 76 180´351 km/h 15. Xullo 1974 Jody ScheckterTyrrell-Ford 1:43:02,200 h 4´265 km 75 186´269 km/h 20. Xullo 1975 Emerson FittipaldiMcLaren-Ford 1:22:05,000 h 4´719 km 56 193´168 km/h 19. Xullo 1976 Niki LaudaFerrari 1:44:19,660 h 4´207 km 76 183´881 km/h 18. Xullo 1978 Carlos ReutemannFerrari 1:42:12,390 h 4´207 km 76 187´698 km/h 16. Xullo 1980 Alan JonesWilliams-Ford 1:34:49,228 h 4´207 km 76 202´318 km/h 13. Xullo 1982 Niki LaudaMcLaren-Ford 1:35:33,812 h 4´207 km 76 200´745 km/h 18. Xullo 1983 Nelson PiquetBrabham-BMW 1:36:45,865 h 4´207 km 76 198´254 km/h 25. Setembro20x22px Europa 1984 Niki LaudaMcLaren-TAG-Porsche 1:29:28,532 h 4´207 km 71 200´299 km/h 22. Xullo Reino Unido 1985 Nigel MansellWilliams-Honda 1:32:58,109 h 4´207 km 75 203´634 km/h 6. Setembro20x22px Europa 1986 Nigel MansellWilliams-Honda 1:30:38,471 h 4´207 km 75 208´862 km/h 13. Xullo Reino Unido Record: N.Lauda (3 Veces)
Histroia dos trazados
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Gran Premio do Reino Unido
Ligazóns externas Brands Hatch map and history at RacingCircuits.info The 500 Owners Association Brands Hatch Home Page BTCC Pages – Brands Hatch circuit guide London 2012 Cycling Track Layout
Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos do DTM Categoría:Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1 Categoría:Circuítos de carreiras do Reino Unido