Este artigo é sobre a obra de teatro. Sobre o filme, véxase O soño dunha noite de San Xoán (filme)

Soño dunha noite de San XoánTítulo da tradución realizada en 1989 por Miguel Pérez Romero (en ) ou Un soño de veránTítulo da versión da obra realizada por Eduardo Alonso e Miguel Guede para o CDG e publicada por Xerais en 1992 é unha obra de teatro en lingua inglesa escrita entre 1595 e 1600 por William Shakespeare. Trátase dunha comedia que xoga coa temática do amor e as súas complicacións, intercalando personaxes mitolóxicos e humanos nun mundo fantástico. Está ambientada en Atenas, e consta de varias subtramas que xiran en torno ao matrimonio de Teseo e Hipólita. Unha subtrama implica un conflito entre catro amantes atenienses. Outra segue a un grupo de seis actores afeccionados que ensaian a obra que van representar antes da voda. Ambos os grupos atópanse nun bosque habitado por fadas que manipulan os humanos e se dedican á súa propia intriga doméstica. A obra salienta por conter elementos de maxia, como a intervención de fadas e seres similares a trasnos, e desenvólvese en gran parte nunha foresta. O seu ton humorístico e as súas intricadas relacións amorosas fixérona unha das pezas máis populares e representadas de Shakespeare.miniatura|250px|Estudo de Joseph Noel Paton.|esquerda

Personaxes

Teseo—Duque de Atenas Hipólita—Raíña das amazonas Exeo—pai de Hermia Hermia—filla de Exeo, namorada de Lisandro Lisandro—namorada de Hermia Demetrio—pretendente de Hermia Helena—namorada de Demetrius Filostrato—mestre de cerimonias Peter Quince—un carpinteiro Nick Bottom—un tecedor Francis Flute—un reparador de foles Tom Snout- un tinker Snug—un carpintero Robin Starveling—un xastre Oberón—Rei das fadas Titania- a raíña das fadas Puck—un espírito fedello con poderes máxicos

En galego Foi traducida á lingua galega en 1989 e publicada pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia, conxuntamente co Mercador de Venecia, formando o volume 4 da colección Clásicos en Galego. Ademais, foi levada ao cinema nun filme de animación galego dirixido por Ángel de la Cruz e Miguel Gómez Pereira co título de O soño dunha noite de San Xoán.

Homenaxes A lúa Puck , descuberta en 1985 pola Voyager 2, foi nomeada polo personaxe homónimo desta obra de Shakespeare.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos O mercador de Venecia Clásicos en Galego Teatro isabelino

Categoría:William Shakespeare Categoría:Obras literarias de 1600 Categoría:Obras de teatro en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego