The Blows é un grupo de pop vigués creado a finais de 2005.
En 2006 autoeditaron a súa primeira maqueta e a partir de aí iniciaron algunhas actuacións para programas de radio e televisión locais. Con esa demo acadaron premios coma o de mellor maqueta no concurso Maketon Estrella Galicia, e foron finalistas en festivais españois coma Contempopránea, Vigo Transforma, Festimad ou Caceres Pop Art.
O 18 de agosto de 2013 faleceu vítima dun cancro o baixista eléctrico do grupo, Álex LagoFallece el músico vigués Álex Lago, bajista de The Blows, en La Voz de Galicia, 18-8-2013 . Tras isto o proxecto dun novo álbum, que se ía chamar La Guerra del Fuego, quedou paralizado, despois de ter gravados numerosos temasTwitter de La Guerra del Fuego.. Tras un último concerto homenaxe na memoria de Álex Lago, que se celebrou o 8 de marzo de 2014 na sala La Iguana Club de Vigo, a banda non volveu tocar.
Formación Roy Basanta (voz e guitarra) Bruno Mosquera (guitarra) Tarci Ávila (guitarra)
Discografía Upskirts- 2008 (PuPilo Records) Ejército de fantasmas - 2011
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do grupo The Blows en MySpace
Blows Blows