María Antonia Abad Fernández, coñecida como Sara Montiel, nada en Campo de Criptana (Cidade Real) o 10 de marzo de 1928 e finada en Madrid o 8 de abril de 2013Fallece la actriz Sara Montiel, El País, 8/4/2013., foi unha actriz e cantante española, nacionalizada mexicana.

Traxectoria Sara Montiel naceu no seo dunha familia manchega humilde subsistindo por medio da agricultura, xa que o seu pai era campesiño. A beleza e os dotes artísticos, impresionaron a Vicente Casanova, un influente produtor (un dos donos de CIFESA) e axente de publicidade que a viu e ouviuna cantar durante unha procesión da Semana Santa de Orihuela, Alacant. Vicente procurou que a moza recibise un adestramento básico en declamación e canto.

A súa primeira película foi Te quiero para mí aparecendo como actriz secundaria na repartición facendo de María Alejandra, pero foi a partir de Empezó en boda onde usaría o nome artístico de Sara Montiel.

O seu primeiro papel de importancia foi en Locura de amor, á que seguiron La mies es mucha, Pequeñeces e El capitán veneno. Sara Montiel cumpriu a súa ambición de marchar traballar ó estranxeiro e concretamente a México e aos EUA, onde chegou a traballar en Hollywood.

O 31 de maio de 2008 recibiu a Medalla de Ouro de Castela-A Mancha.

Filmografía Te Quiero para mí (1944) Empezó en boda (1944) Bambú (1945) Se le fue el novio (1945) El misterioso viajero del Clipper (1946) Por el gran premio (1946) Vidas confusas (1947) Confidencia (1947) Mariona Rebull (1947) Don Quijote de la Mancha Alhucemas (1948) Locura de amor (1949) La mies es mucha (1949) Pequeñeces (1950) That man from Tangier (1950) Furia Roja (1950) Cárcel de mujeres (1951) Ahí viene Martín Corona (1951) El enamorado (1951) Ella, Lucifer y yo (1952) Yo soy gallo dondequiera (1952) Piel canela (1953) Porque ya no me quieres (1953) Se solicitan modelos (1954) Frente al pecado de ayer (1954) Yo no creo en los hombres (1954) Vera Cruz (1954) Donde el círculo termina (1955 ) Serenade (1956) Iuma, a carreira da frecha (1957) El último cuplé (1957) La Violetera (1958) Carmen la de Ronda Mi último tango (1960) Pecado de amor (1961) La bella Lola (1962) Noches de Casablanca (1963) Samba (1964) La dama de Beirut (1965) La mujer perdida (1966) Tuset Street (1967) Esa mujer (1969) Varietés (1971) Cinco almohadas para una noche (1973) Asaltar los cielos (documental, 1996) Sara, una estrella (documental, 2001) Machín, toda una vida (documental, 2002) Mil nubes de paz (2003, co seu tema "Nena" na banda sonora). La mala educación (2004, con 2 cancións na súa voz na banda sonora).

Notas

Categoría:Actores de España Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados en Campo de Criptana Categoría:Finados en 2013