O distrito de Portalegre é un distrito portugués pertencente na súa maior parte á provincia tradicional do Alto Alentexo, completándose con algúns concellos pertencentes ao Ribatexo. Limita ao norte co distrito de Castelo Branco, ao leste con España, ao sur co distrito de Évora e ao oeste co distrito de Santarém. Abrangue unha área de 6065 km², que o converte no 6º maior distrito portugués. Conta cunha poboación residente de 119.543 habitantes (2006), sendo a súa capital a cidade de Portalegre.

O distrito de Portalegre subdivídese nos seguintes 15 concellos: Alter do Chão Arronches Avis Campo Maior Castelo de Vide Crato Elvas Fronteira Gavião Marvão Monforte Nisa Ponte de Sor Portalegre Sousel

Na actual división principal de Portugal en NUTS II, o distrito intégrase na rexión do Alentexo e todos os concellos, agás Sousel, pertencen á subrexión do Alto Alentexo. Pola súa parte, Sousel intégrase no Alentexo Central. En resumo:

Rexión do Alentexo Alentexo Central Sousel Alto Alentexo Alter do Chão Arronches Avis Campo Maior Castelo de Vide Crato Elvas Fronteira Gavião Marvão Monforte Nisa Ponte de Sor Portalegre

Patrimonio Castelo, acueduto e muralla de Elvas Castelo e muralla de Marvão Castelo e catedral de Portalegre Castelo de Castelo de Vide Cidade romana de Ammaia

Véxase tamén Ligazóns externas Goberno Civil de Portalegre (en portugués)