Andrew Colin Renfrew, nado en Stockton-on-Tees o 25 de xullo de 1937 e finado en Cambridge o 24 de novembro de 2024, foi un arqueólogo británico. O seu nome vai ligado á hipótese anatólica sobre a Urheimat (patria orixinaria) dos indoeuropeos (Teoría da continuidade), segundo a cal os proto-indoeuropeos terían xurdido entre o VII e o VI milenio a. C. en Anatolia e desde alí se terían espallado, por irradiación cultural e non por migración física, cara Europa, difundindo as conquistas da Revolución agropecuaria do Neolítico. A hipótese de Renfrew oponse a alternativa kurgánica de Marija Gimbutas.
Traxectoria
Renfrew despois de estudar en St Albans (Hertfordshire), entre 1956 e 1958 prestou servizo militar na Royal Air Force. Unha vez licenciado, asistiu aos cursos de Arqueoloxía e de Antropoloxía no St John's College da Universidade de Cambridge, na que se graduou no ano 1961. No 1965 defendeu a súa tese de doutoramento: Neolithic and Bronze Age cultures of the Cyclades and their external relations ("As culturas neolíticas e da Idade de Bronce das illas Cícladas e as súas relacións externas") e casou con Jane M. Ewbank.
Desde 1965 foi investigador adscrito ao departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade di Sheffield. Entre 1968 e 1970 dirixiu escavacións arqueolóxicas en Sitagroi, Grecia. No ano 1972 obtivo a cátedra de Arqueoloxía na Universidade de Southampton, pasando a dirixir de seguido escavacións nas illas Orcadas (Gran Bretaña) e máis en Milos, Grecia. Máis tarde volveu a Sitagroi, onde traballou con Marija Gimbutas.
En 1981 foi chamado pola Universidade de Cambridge, na cal ensinou arqueoloxía até o ano da súa xubilación (2001). No 1990 tornouse director do Instituto de Investiagación Arqueolóxica "McDonald". Desde 2004 é presidente do Managing Council for the British School en Atenas.
Honras En 1991 foi nomeado "barón de Kaimsthorn", no distrito de Renfrew (Escocia). No 2004 foi distinguido co Premio Balzan polo seu labor en Arqueoloxía.
Obra publicada The Emergence of Civilisation: The Cyclades and the Aegean in The Third Millennium BC, Londres. 1972. Before Civilisation, the Radiocarbon Revolution and Prehistoric Europe, Pimlico, Londres. 1973. ISBN 0-7126-6593-5 An Island Polity, the Archaeology of Exploitation in Melos, con Malcolm Wagstaff (ed.), Cambridge University Press, Cambridge 1982. The Archaeology of Cult, the Sanctuary at Phylakopi (ed.), British School at Athens and Thames & Hudson, Londres. 1985. Archaeology and Language: The Puzzle of Indo-European Origins, Pimlico, Londres. 1987. ISBN 0-7126-6612-5 Archaeology: Theories, Methods and Practice, con Paul Bahn, Thames and Hudson, Londres 1991. ISBN 0-500-28147-5 Loot, Legitimacy and Ownership: The Ethical Crisis in Archaeology, Duckworth, Londres. 2000. ISBN 0-7156-3034-2 Figuring It Out: The Parallel Visions of Artists and Archaeologists, Thames and Hudson, Londres. 2003. ISBN 0-500-05114-3 Prehistoric Sitagroi : excavations in northeast Greece, 1968-1970, con Marija Gimbutas ed Ernestine S. Elster (ed.), Cotsen Institute of Archaeology, University of California, Los Angeles, 1986-2003.
Véxase tamén Ligazóns externas Universidade de Cambridge, departamento de Arqueoloxía Instituto de Investigación arqueolóxica "McDonald"
Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Nados en 1937
Categoría:Finados en 2024
Categoría:Paleolingüistas Categoría:Nados en Inglaterra