Jani Allan Kristian Liimatainen, nado en Kemi o 9 de setembro de 1980, é un guitarrista finés principalmente coñecido polo seu traballo na banda de power metal Sonata Arctica, da que foi un dos membros fundadores.

Traxectoria Comezou a súa carreira musical aproximadamente aos 14 anos. O seu desenvolvemento musical baseouse principalmente na autoaprendizaxe, aínda que nos seus inicios recibiu algunhas leccións que lle serviron como base para desenvolver a súa técnica, moi influenciada por grupos como Dream Theater e Pain of Salvation e por guitarristas como Yngwie Malmsteen, Steve Vai e Mattias Eklundh.

Jani tamén formou parte de Altaria, grupo de power metal co cal gravou catro discos antes de abandonalo para dedicarse completamente a Sonata Arctica.

Debido ós seus "deberes civís" viuse obrigado a apartarse de Sonata Arctica e foi substituído, en principio temporalmente polo guitarrista Elias Viljanen. Porén, en maio de 2007 foi apartado definitivamente do seu posto na banda, aínda que isto non foi oficialmente confirmado ata o 6 de agosto.

Na actualidade mantén un novo proxecto xunto a Henrik Klingenberg, teclista de Sonata Arctica. Este recibe o nome de Graveyard Shift e trátase dun grupo de death metal melódico influenciado por grupos como In Flames, Soilwork e Strapping Young Lad. Ata o momento só se gravou unha demo de 4 pistas.

Este guitarrista novo demostrou ser un mozo virtuoso, que xunto a outras grandes novas promesas como Alexi Laiho, gravaron os seus primeiros discos comerciais pouco despois de cumpriren 18 anos.

Discografía Sonata Arctica Ecliptica (1999). Silence (2001). Winterheart's Guild (2003). Reckoning Night (2004). Unia (2007).

Altaria Invitation (2003). Divinity (2004).

Véxase tamén Ligazóns externas Sonata Arctica - Sitio Oficial

Categoría:Guitarristas de Finlandia Categoría:Nados en Kemi Categoría:Nados en 1980