Phoenix ou Fénix é unha constelación menor do sur, introducida polos navegantes daneses Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman, e popularizada polo libro Uranometria de Johann Bayer no 1603. Só hai trinta estrelas en toda a constelación que teñen un brillo dunha magnitude maior a 5,0.

Características A extensión aproximada da constelación é −41° ata −57° declinación, e dende 23,5h ata 2h de ascensión recta. Isto significa que polo xeral é invisible para calquera que viva ó norte do paralelo 40 no Hemisferio Norte, e permanece baixa no firmamento para aqueles que vivan ó norte do Ecuador. É facilmente visible dende lugares coma Australia, Suramérica e Suráfrica durante o verán do Hemisferio Sur.

Phoenix está asociado coa choiva (menor) de meteoros das Phoenicidas que se pode ver no 5 de decembro.

Estrelas Estrelas con nome propio: (α Phe) 2,40 Ankaa (barca ou bote).

Estrelas con designación de Bayer: β Phe 3,32; γ Phe 3,41; δ Phe 3,93; ε Phe 3,88; ζ Phe 3,94; θ Phe 6,07; η Phe 4,36; ι Phe 4,69; κ Phe 3,93; λ1 Phe 4,76; λ2 Phe 5,51; μ Phe 4,59; ν Phe 4,97; ξ Phe 5,72; π Phe 5,13; ρ Phe 5,24; σ Phe 5,18; τ Phe 5,71; υ Phe 5,21; χ Phe 5,15; φ Phe 5,12; ψ Phe 4,39; ω Phe 6,12

Estrelas con designación de Flamsteed: 120 Phe 5,49

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Phoenix The clickable Phoenix Starry Night Photography - Phoenix Constellation Star Tales – Phoenix

Categoría:Constelacións