A Crónica Rotense (Chronica Rotensis) foi unha crónica escrita en latín a finais do século IX,Aguirre Cano (2018), p. 99 no nordeste da Península Ibérica. Por orde cronolóxica das crónicas que fan referencia á historia dos monarcas de Oviedo e os seus supostos antecesores, a de maior antigüidade é a Crónica Albeldense e, de seguido, a Crónica de Afonso III da cal, a rotense, adoita ser considerada como a súa primeira versión.
Características A denominación de "Rotense" vén por terse atopado nun códice da Catedral de San Vicente de Roda de Isábena, en Huesca, o manuscrito desta versión da Crónica de Afonso III.Collins (2005), p. 139
Desta última, a primeira "versión" é a Crónica Rotense, que é a máis completa, e, posteriormente, xorde a Crónica Ovetense, a cal daba maior énfase neogoticista ao mito de Paio como sucesor dos Reis de Toledo, e polo tanto do Reino visigodo.
Está escrita nun latín bastante bárbaro, pero con sinxeleza e naturalidade, presumiblemente por un laico, mentres que a versión de Sebastián está máis censurada e retocada,Aguirre Cano (2018), p. 50 e a finalidade destas dúas crónicas foi a de demostrar a continuidade dos monarcas visigodos ata os monarcas asturianos. O texto indica tamén a continuidade do Reino suevo dentro do reino visigodo, afirmando que Vitiza reinaba en Tui sobre os suevos mentres o seu pai Éxica o facía sobre os visigodos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Crónica Albeldense Crónica Ovetense ou Sebastianense Historiografía do Reino medieval de Galicia
Ligazóns externas Copia en latín da Crónica
Categoría:Manuscritos Categoría:Idade Media Categoría:Crónicas medievais de España