Anchorage é unha cidade estadounidense, capital do estado de Alasca. En 2012 tiña 298 610 habitantes (380 821 residentes incluíndo os arrabaldes),, o que a converte na cidade máis poboada de Alasca.
Anchorage atópase no centro sur de Alasca, situada nunha península triangular, limitada ao leste polos Montes Chugach. Ten aeroporto internacional e porto marítimo. A economía baséase nas actividades públicas e militares, no petróleo e no turismo.
Historia A diferenza de todas as outras grandes cidades do sur de Alasca, en Anchorage a pesca ou a minaría non foron as razóns polas que se empezou a asentar xente no lugar. Comezou a medrar ao ser, no 1914, empregada como porto para a construción do ferrocarril Alaska Railroad, que se construíu entre 1915 e 1923. Logo se estableceu un campamento importante. A economía nos seus anos vinte baseábase no ferrocarril. Entre os trinta e os cincuenta, a cidade experimentou un crecemento masivo debido aos militares e ao transporte aéreo. O aeroporto de Merrill Field abriu en 1930, e o aeroporto internacional de Anchorage fíxoo en 1951. As instalacións militares de Elmendorf Air Force Base e Fort Richardson foron construídas nos anos corenta.
esquerda|miniatura|O terremoto de Alasca do 27 de marzo de 1964 (Fourth Avenue) O terremoto do Venres Santo provocou moitos danos o 27 de marzo de 1964 cunha magnitude de momento de 9,2. Matou 114 habitantes de Alasca e causou numerosos danos materiais. Reconstruiríase na segunda metade dos sesenta a cidade.
En 1968 descubriuse petróleo na baía Prudhoe, que incrementou máis a súa poboación. Despois, en 1975, crearíase o municipio de Anchorage, a partir da City de Anchorage e da Anchorage Area Borough (que incluía Eagle River, Girdwood, Glen Alps, ...).
Xeografía Anchorage está situada na parte central do estado a 61º de latitude norte, mesma latitude que as cidades de Estocolmo e San Petersburgo.
A cidade áchase sobre unha península triangular, rodeada polos Montes Chugach.
Clima Durante o verán a temperatura diúrna é bastante agradable, entre 13 e 21 °C, mentres que no inverno, a temperatura media descende a –7 e até –15 °C e a cidade reloce unha grosa capa de neve.
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Temperatura máxima media (°C) -5,9 -3,4 0,6 6,0 12,4 16,4 18,4 17,2 12,9 4,7 -2,7 -5,3 Temperatura mínima media (°C) -13,1 -11,4 -7,7 -1,9 3,8 8,4 10,9 9,7 5,3 -1,8 -9,4 -12,2 Precipitacións (mm) 20,1 19,8 17,5 17,0 18,5 29,0 43,4 62,0 68,6 51,6 28,2 28,4''Fonte:
Economía
miniatura|200px|Porto de Anchorage Anchorage é un porto que recibe máis do 95 % de todo o transporte de mercadorías de Alasca. As maiores industrias inclúen o petróleo e o turismo. Hai dúas bases militares americanas facendo fronteira con Anchorage polo norte: a Base Aérea de Elmendorf e o Forte Richardson. Case todos os turistas que van ao Interior do Alasca pasan por Anchorage sendo frecuento velos no verán pola cidade.
Linguas 86'4% inglés, 4% castelán, 1'5% tagalo, 1'4% coreano, 0'8% alemán, 1'4% linguas nativas (atabasco, esquimó, aleutiano)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial da cidade (en inglés)
Categoría:Cidades de Alasca