1902 (MCMII) foi un ano común comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos África 31 de maio - Tratado de Vereeniging ou de Pretoria: pon fin á Guerra dos Boers en Suráfrica. A soberanía do Reino Unido fica recoñecida, que pasa a controlar as minas do Transvaal. Daud-Murra accede ao sultanato do reino de Uadai (até 1911).

América miniatura|dereita|Erupción da montaña Pelée en 1902 8 de maio - Violenta erupción da Montaña Pelée, na illa antillana da Martinica. A cidade de Saint-Pierre ficará completamente arrasada (30 000 mortos). 15 de maio - Os Estados Unidos retiran as tropas que ocupaban Cuba, que pode así acceder a independencia plena.

Asia Os Moro, da illa de Mindanao, Filipinas, resisten o dominio norteamericano (até 1913).

Europa miniatura|dereita|Afonso XIII de España, 1901 17 de maio - Iníciase o reinado de Afonso XIII de España (até 1931). 12 de xullo - Arthur James Balfour, Primeiro ministro do Reino Unido, comeza o seu goberno (até 1905). 9 de agosto - Coroación do monarca do Reino Unido, Eduardo VII.

Oceanía 12 de xullo - O Parlamento de Australia acorda outorgar o voto ás mulleres.

Arte e cultura 30 de abril - Estréase, en París a ópera impresionista "Pélleas et Mélisande" de Claude Debussy. Por vez primeira é utilizado o termo Oriente Medio, nun artigo da National Review, publicada en Londres, do estadounidense Alfred Thayer Mahan, especialista de historia naval. O español Vicente Blasco Ibáñez publica a novela "Cañas y barro", Arthur Conan Doyle publica "O can dos Baskerville".

Ciencia e técnica O físico alemán Arthur Korn transmite imaxes por telégrafo. O matemático francés Henri Poincaré publica « La science et l'hypothèse » (A ciencia e a hipótese). O alemán Philipp von Lenard publica un artigo sobre a enerxía do electrón emitido por efecto fotoeléctrico. Os seus traballos serán usados por Albert Einstein.

Nacementos 5 de xaneiro - Maruxa Mallo, pintora galega (m. 1995) 15 de xaneiro - Nazım Hikmet, poeta turco (m. 1963) 13 de febreiro - Johán Carballeira, político e xornalista galego (m. 1937) 31 de xaneiro - Alva Myrdal, político e diplomático sueco, Premio Nobel da Paz (m. 1986) 4 de febreiro - Charles Lindbergh, aviador estadounidense (m. 1974) 10 de febreiro - Walter Houser Brattain, físico estadounidense, Premio Nobel de Física (m. 1987) 27 de febreiro - John Steinbeck, autor estadounidense, Premio Nobel de Literatura (m. 1968) 27 de febreiro - Lúcio Costa, arquitecto brasileiro (m. 1998) 17 de marzo - Rosa Pons i Fábregas,Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 32. foi unha mestra e pedagoga catalá residente en Galicia (m. 1988). 16 de abril - Luís Casas Pasarín, futbolista galego (m. 1986) 23 de abril - Halldór Laxness, escritor islandés, Premio Nobel de Literatura (m. 1998) 30 de abril - Theodore Schultz, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía (m. 1998) 3 de maio - Alfred Kastler, físico francés, Premio Nobel (m. 1984) 8 de maio - André Michel Lwoff, microbioloxista francés, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1994) 18 de xuño - Barbara McClintock, xeneticista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía o Medicina (m. 1992) 10 de xullo - Kurt Alder, químico alemán, Premio Nobel de Química (m. 1958) 13 de xullo - Arturo Carril, escritor e xornalista galego (m. 1990). 15 de xullo - Jean Rey, presidente da Comisión Europea (m. 1983) 28 de xullo - Karl Popper, filósofo da ciencia austríaco (m. 1994) 8 de agosto - Paul Dirac, físico británico, Premio Nobel de Física (m. 1984)

10 de agosto - Arne Tiselius, químico sueco, Premio Nobel de Química (m. 1971) 11 de agosto - Alfredo Binda, ciclista italiano (m. 1986) 17 de agosto - Luís Barreiro Paradela, mestre e escritor galego (m. 1976). 29 de agosto - Raquel Lesteiro López, arquiveira e hispanista galega (m. 1967).

12 de setembro - Juscelino Kubitschek de Oliveira, presidente do Brasil (m. 1976) 21 de setembro - Luis Cernuda, poeta español (m. 1963)

24 de setembro - Ruhollah Khomeini, líder espiritual de Irán (m. 1989) 3 de outubro - Arthur da Costa e Silva, presidente do Brasil (m. 1969) 31 de outubro - Carlos Drummond de Andrade, poeta e escritor brasileiro (m. 1987) 17 de novembro - Eugene Wigner, físico húngaro, Premio Nobel de Física (m. 1995) 21 de novembro - Isaac Bashevis Singer, escritor estadounidense, Premio Nobel de Literatura (m. 1991) 29 de novembro - Carlo Levi, pintor e escritor italiano (m. 1975) 3 de decembro - Bibiano Fernández Osorio-Tafall, científico e político galego (m. 1990) 7 de decembro - Luís Soto, político e xornalista galego (m. 1982) 10 de decembro - Dulce María Loynaz, poeta cubana (m. 1997) 16 de decembro - Rafael Alberti, poeta español (m. 1999) 18 de decembro - Cándido Fernández Mazas, pintor, debuxante, ilustrador e escritor galego (m. 1942) 23 de decembro - Choudhary Charan Singh, primeiro ministro da India (m. 1987)

Mortes 2 de febreiro - Ricardo Caruncho Crosa, militar, xornalista e escritor galego. 9 de febreiro - Alberto García Ferreiro, escritor e xornalista galego. 26 de marzo - Cecil Rhodes, explorador inglés (n.1853). 13 de maio - Ramón Parada Justel, pintor galego (n.1871). 18 de xuño - Samuel Butler, escritor inglés (n. 1835). 30 de xuño - Jenaro Carrero Fernández, pintor galego (n.1874). 6 de xullo - Maria Goretti, santa católica (n.1890). 12 de agosto - Luís Rodríguez Seoane, médico e político galego (n. 1836). 29 de setembro - Émile Zola, novelista e intelectual francés (n. 1840). 21 de decembro - Romualdo Acevedo Rivero, xornalista e escritor galego (n. 1847).

Premios Nobel Física: Hendrik A. Lorentz, Pieter Zeeman. Química: Hermann Emil Fischer. Fisioloxía ou Medicina: Ronald Ross. Literatura: Theodor Mommsen. Paz: Élie Ducommun, Charles Albert Gobat.

Outros 15 de febreiro - Inaugúrase o metro de Berlín, Alemaña. 6 de marzo - Fundación do Real Madrid, club de fútbol.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Historia ano a ano

Categoría:1902