A vila de Santa Brígida é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas, na illa de Gran Canaria.
O seu nome aborixe era Sataute ("gran palmeiral" ou "poboado de palmeiras"), unha referencia ás numerosas palmeiras que medran nos barrancos da poboación.
Xeografía Xeograficamente, Santa Brígida presenta unha forma rectangular e sitúase no sector nordeste das medianías de Gran Canaria. Ten unha extensión de 23,81 km² e unha poboación de 18.919 habitantes (Instituto Nacional de Estadística, xaneiro de 2007). A altitude da cabeceira municipal é de 520 metros sobre o nivel do mar.
Poboación Ano Poboación Densidade 1991 12.199 - 1996 16.809 - 2001 17.598 778,53/km² 2002 18.719 - 2003 18.817 790,3/km² 2004 18.599 778,53/km² 2006 18.760 787,90/km² 2007 18.919 794,58 /km²
Véxase tamén
Outros artigos Gran Canaria
Ligazóns externas Concello de Santa Brígida
Categoría:Concellos de Gran Canaria