Colombia, oficialmente República de Colombia,* é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.
O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou na creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intensidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.
Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa. Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.
Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado. Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina, forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD. Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.
Etimoloxía miniatura|esquerda|170px|Colombia ou «terra de Cristovo Colón», nomeada dese xeito na honra do explorador. A denominación de Colombia provén do nome do explorador do século XV Cristovo Colón (en , en ). Foi adoptado o 15 de febreiro de 1819, durante o Congreso de Angostura, para chamar ó novo Estado que daquela abranguía os territorios da Nova Granada, Quito e a Capitanía Xeneral de Venezuela. O nome foi proposto por Simón Bolívar na Carta de Xamaica.
En 1830, coa secesión de Venezuela e Ecuador, pasou a chamarse a "República de Nova Granada". Despois da adopción do federalismo trala constitución de 1858, pasou a chamarse Confederación Granadina. A mesma, máis tarde adoptaría o nome de Estados Unidos de Colombia en 1863, os cales en 1886, se constituíron como a República de Colombia. Nun principio esta denominación foi protestada polos congresos de Ecuador e Venezuela por consideralo unha usurpación unilateral do patrimonio histórico común, pero a discusión foi superada axiña.
A orixe do nome tamén se cita nunha das estrofas do himno nacional, que reza deste xeito:
Historia
Época precolombiana
miniatura|esquerda|175px|Ciudad Perdida ou Teyuna é un antigo poboado indíxena e sitio arqueolóxico. miniatura|dereita|175px|Balsa muisca evidencia das cerimonias sagradas que deron orixe á lenda de El Dorado. miniatura|dereita|175px|Estatuas da cultura San Agustín.
O estudo dos primeiros poboadores do territorio da actual Colombia dividiuse en tres etapas da época precolombiana: o paleolítico (15 000-7000 a. C.), o período arcaico andino (7000 a 2000 a. C.), e o período formativo 2000 a. C. até o século XVI. Os primeiros seres humanos que chegaron ó territorio da actual Colombia datan de arredor de 10 mil e 15 mil anos. Os cazadores e recolectores nómades desta época empregaban aparellos líticos, ferramentas e armas feitas con pedra que datan de 10 450 a. C., atopados en El Abra, onde se comprobou que existían habitantes na sabana de Bogotá en 10 500 a. C. No século XV existían tres grandes familias que poboaban Colombia. A cultura Caribe atópase na costa do mar Caribe, a arauaca nos ríos Caquetá, Amazonas e Putumayo, e os muiscas na Serra Nevada de Santa Marta e o clima frío dos altiplanos do centro do país. Esta última foi a que tiña máis poboación e un significativo desenvolvemento na agricultura, o uso de calendario, os xeróglifos e os rituais relixiosos.
O cacicado foi a organización social que reinou antes da Era Cristiá. Caracterizábase pola súa orde social baseada nunha estratificación da sociedade, as tribos agrupábanse de xeito semellante a como o facía o señorío. Así, o cacique era o que tiña o máximo poder. Atopáronse evidencias desta época nas que salientan as prácticas funerarias, a evidencia de diversos oficios e símbolos de mando, adornos persoais, templos, estatuas, sistemas de rego e notables avances na agricultura como os socalcos, entre outros. As culturas San Agustín, Tumaco, Tierradentro, quimbaya, zenú, malagana, pastos, quillacingas, guanes e os pijaos, basearon a súa orde social no cacicado. Moitas destas xa desapareceran ou estaban a esmorecer á chegada dos españois. Culturas máis avanzadas na súa orde social xurdiron despois no formativo superior, cuxa organización superou á do cacicado, pois era semellante a federacións de aldeas; os seus maiores representantes foron culturas coma os taironas e os muiscas.
Conquista española esquerda|miniatura|200px|Primeiro mapa da costa colombiana e venezolana, feito por Juan de la Cosa.
A primeira expedición que levantou a áncora cara ó que hoxe é Colombia foi emprendida por Alonso de Ojeda en 1499. Ojeda era un veterano da segunda viaxe de Cristovo Colón ás Américas. A viaxe foi motivada polo desexo dos Reis Católicos de comprobar a veracidade dos reportes de Colón sobre as grandes riquezas do "novo mundo", por mor da desconfianza que Colón e os seus partidarios inspiraran entre os monarcas. Nesta viaxe, Alonso de Ojeda foi acompañado por Juan de la Cosa e Americo Vespucio.
Bordeou África, pasou polas Illas Canarias até chegar ó que hoxe se coñece como Güiana e Venezuela, dende alí partiu cara a Trinidad e Tobago, e despois até a Guajira, para regresar para España cun modesto botín composto maioritariamente de indíxenas escravizados. Malia os modestos logros materiais desta expedición, foi a primeira ocasión na cal exploradores europeos divisaron e mapearon as costas continentais americanas, mais concretamente a costa venezolana e colombiana.
Na súa segunda viaxe, Ojeda fundou Santa Cruz en Bahía Honda, a primeira colonia europea en continente americano, que non chegou a prosperar.
Unha nova viaxe realizada por Rodrigo de Bastidas entre 1500 e 1501 partiu dende a Guajira até o golfo de Urabá. Durante este percorrido, de Bastidas descubriu a desembocadura do río Magdalena. Cristovo Colón, na súa última viaxe a América, quizais puido chegar até cabo Tiburón, no Chocó.
En 1508, Ojeda foi nomeado gobernador de Nova Andalucía, reino que se supoñía tería de espallar debde o istmo do Darién até punta da costa atlántica de Colombia. Deste xeito, emprendeu unha terceira expedición partindo dende Santo Domingo con “dous vaixeis, dous bergantíns e trescentos homes” entre os que se atopaba o mozo Francisco Pizarro.miniatura|200px|No cabo da Vela produciuse a primeira viaxe de descubrimento do territorio da actual Colombia. Foi comandado por Alonso de Ojeda en 1499. Desembarcou na baía da actual Cartaxena de Indias, onde leu o “requirimento” de sometemento ós indíxenas de Turbaco. As súas forzas foron decimadas polos indíxenas, polo cal tivo que seguir avanzando pola costa do reino que se supoñía debía gobernar. Intentou fundar outro asentamento no Golfo de Urabá, San Sebastián de Urabá, "pouco máis que un forte", o cal foi abandonado axiña por mor da inclemencia do terreo e a resistencia dos habitantes do lugar.
En 1510, Vasco Núñez de Balboa fundou Santa María la Antigua del Darién e en 1513, deu co océano Pacífico, coa axuda dos indíxenas, que guiaron o conquistador. O descubrimento do océano Pacífico foi informado a España, e tempo despois chegaron varios navíos para explorar a zona comandados por Pedro Arias Dávila, quen era tamén o gobernador da rexión comprendida entre o cabo da Vela e Panamá.
Período colonial En 1542, a rexión de Nova Granada, xunto con tódalas outras posesións españolas en América so Sur, converteuse en parte do Vicerreinado do Perú, coa súa capital en Lima. En 1547, Nova Granada converteuse na Capitanía Xeneral de Nova Granada dentro do vicerreinado. En 1549, creouse a Real Audiencia por decreto real e Nova Granda foi gobernada pola Real Audiencia de Santafé de Bogotá, que daquela abranguía as provincias de Santa Marta, Río de San Juan, Popayán, Güiana e Cartaxena. Porén, as decisións importante sobre a colonia eran tomadas no Consello de Indias. miniatura|esquerda|Ataque da Armada británica en Cartaxena de Indias. A batalla foi a meirande derrota do exército e da mariña británica durante a guerra da Orella de Jenkins, entre 1739 e 48.
No século XVI, os europeos comezaron a traer escravos dende África. España era a única potencial europea que non estabelecera factorías en África para mercar escravos e polo tanto o imperio español baseouse no sistema de "asiento", outorgando ós comerciantes (a maioría deles de Portugal, Francia, Inglaterra e o Imperio neerlandés) a licenza para o comercio de persoas escravizadas nos seus territorios de ultramar. Por outra banda, houbo persoas que defenderon os dereitos humanos e a liberdade dos pobos oprimidos.Un decreto real de 1713 aprobou a legalidade de San Basilio de Palenque, fundado por escravos fuxidos como refuxio durante o século XVII. A xente de San Basilio loitou contra a escravitude, dando lugar ó primeiro lugar libre de América. O seu líder principal foi Benkos Biohó, que naceu en África Occidental.Pedro Claver foi un español que viaxou a Cartaxena en 1610 e foi ordenado como sacerdote xesuíta en 1616. Claver coidou dos escravos africanos durante trinta e oito anos, defendendo as súas vidas e dignidade.Proceso de beatificación e canonización de San Pedro Claver. Edición de 1696. Tradución do latín e do italiano, e notas de Anna María Splendiani e Tulio Aristizábal S. J. Pontificia Universidad Javeriana. Universidade Católica do Táchira. 2002.Valtierra, Ángel. 1964. San Pedro Claver, el santo que liberó una raza. Os pobos indíxenas non podían ser escravizados porque legalmente eran súbditos da Coroa Española. Para protexer os pobos indíxenas, estabelecéronse diversas formas de regulación e propiedade da terra: resgardos, encomendas e facendas. miniatura|dereita|Moitos líderes intelectuais do proceso de independencia participaron na Real Expedición Botánica do Novo Reino de Granada.
O Vicerreinado de Nova Granada foi creado en 1717, sendo temporalmente eliminado e despois restabelecido en 1739. A súa capital foi Santa Fé de Bogotá. O Vicerreinado incluíu algunhas provincias do noroeste de América do Sur que anteriormente estiveran baixo a xurisdición dos Vicerreinados de Nova España ou o Perú e que se corresponde cos actuais Venezuela, Ecuador e Panamá. Deste xeito, Bogotá converteuse nun dos principais centros administrativos das posesións españolas no Novo Mundo, xunto con Lima e Cidade de México, aínda que estivo algo atrasada en comparanza con esas dúas cidades en aspectos económicos e loxísticas.