San Xurxo do Cadramón é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 105 habitantes (47 homes e 58 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2007, cando tiña 197 habitantes.

Patrimonio alt=Fervenza do Escouridal|miniatura|Fervenza do Escouridal

Os Círculos das Pedragosas, dous círculos concéntricos de pedras amoreadas, non chantadas, cubertos de brañas, aínda que perfectamente visíbeis. A capela de Santa Filomena do Cadramón, tamén coñecida como a Santiña das Neves Perpetuas, da que só se conserva o que foi presbiterio-ábsida, foi edificada entre os séculos IX e X. Tesouro do Cadramón: na década de 1970 apareceu na contorna do Cadramón este conxunto de moedas romanas, depositado logo no Museo Provincial de Lugo.Arias Vilas, F. (1979). “Noticia dun tesouriño de moedas romanas no Cadramón (O Valadouro, Lugo)”. En Revista Gallaecia. Nº 5. Páxinas 325-327."Tesouriño do Cadramón (O Valadouro, Lugo)". Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9 Páxina 51."B.3.- San Xurxo do Cadramón (Valadouro)". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxina 772. ISBN 978-84-89157-85-9.

No límite coa parroquia do Pereiro (Alfoz do Castrodouro), fórmase a fervenza do Escouridal sobre o río Ouro.

Lugares e parroquias Lugares do Cadramón

Parroquias do Valadouro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Valadouro

Categoría:Parroquias do Valadouro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xurxo