Iazdeguerd III (adaptación do nome en persa یزدگرد سوم "feito por Deus" ao galego, tamén pode aparecer trasliterado coma Yazdgard III), foi o derradeiro rei da dinastía sasánida. Era fillo de Xahriar e neto de Cosroes II, o cal foi asasinado polo seu fillo Cavadh II no ano 628. Iazdeguerd III subiu ao trono o 16 de xuño do ano 632, despois dunha serie de conflitos internos.
Iazdeguerd comezou a gobernar dende moi novo e exerceu a súa autoridade firmemente. Durante o seu primeiro ano de reinado comezou a conquista islámica de Persia, e en 636 a derrota persa na batalla de al-Qādisiyyah decidiu o destino do seu imperio.
esquerda|250px|miniatura|Moeda sasánida de Iazdgerd III.
Véxase tamén Outros artigos Imperio Sasánida Lista de reis sasánidas Moeda sasánida
Categoría:Dinastía sasánida