miniatura|dereita|200px|Capela da Virxe da Renda, en Combarro. miniatura|200px|Capela no interior dunha igrexa de Florencia. Unha capela é un templo relixioso cristián, xeralmente de menor tamaño ca unha igrexa convencional. Pode estar construída no interior dunha igrexa, xeralmente anexa á nave maior, ou ben constituír unha edificación propia. Tamén é usual que haxa capelas en colexios, universidades, cárceres, conventos, cuarteis, castelos etc.

Etimoloxía A palabra capela provén do *cappella, diminutivo de cappa, capa.

Descrición A capela componse principalmente de retablo, altar, columnas ou piares pequenos. Hai capelas que pasaron á historia polo feito de que nelas tiveron lugar supostos milagres. Á capela van orar os membros dunha crenza relixiosa.

Notas

Véxase tamén