Plumelec (en ) é un concello do departamento de Morbihan, na rexión administrativa da Bretaña, no noroeste de Francia.INSEE commune file
Historia e cultura Plumelec era unha zona de fala bretoa ata mediados do século XIX (o nome bretón do concello era Pluveleg). Na actualidade, a lingua maioritaria é o francés, se ben tamén se fala o galó.
Durante a segunda guerra mundial, un destacamento francés foi botado en paracaídas por erro, enriba dun posto de observación alemán.
Xeografía Plumelec é un pequeno concello, situado a uns 45 km da costa meridional bretoa e a 25 da capital do departamento do Morbihan, Vannes. Está practicamente ao nivel do mar, cunha altitude comprendida entre os 27 e os 165 m por riba do nivel da costa.
O seu territorio é de 58,36 km2. Limita cos concellos de Plaudren, Trédion (ao sur), Sérent e Lizio (ao leste), Cruguel e Billio (ao norte), e Saint-Jean-Brevelay (ao oeste). A súa poboación era de 2.337 habitantes en 1999.
Demografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial do concello
Categoría:Concellos do departamento de Morbihan