O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, dependente do Concello de Sandiás, máis coñecido como A Casa da Lagoa, é un centro de estudo da lagoa de Antela, situado no centro da vila de Sandiás, nunha antiga casa labrega rehabilitada, no que era a antiga marxe noroeste da lagoa de Antela. Funcionamento miniatura|300px|Canle da lagoa de Antela no 2006. O concello de Sandiás púxoo en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, de dinamización dos núcleos rurais con propostas culturais. No centro atópase unha exposición sobre a historia da lagoa e as areeiras recuperadas na actualidade. Tamén existen cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos espazos húmidos, así como audivisuais sobre a lagoa de Antela, o patrimonio histórico-artístico da zona e sobre as areeiras recuperadas medioambientalmente.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Turgalicia sobre o centro

Categoría:Museos da provincia de Ourense Categoría:Sandiás