Jorge Celedón, tamén coñecido como Jorgito Celedón, nado en Villanueva (La Guajira) o 4 de xuño de 1967, é un cantante colombiano de música vallenato.

Traxectoria Provén dunha familia de músicos e comezou a cantar en público con doce anos. Debutou profesionalmente como corista no grupo Binomio de Oro de América, e ó morrer o cantante Rafael Orozco Maestre en 1992 pasou a ser o cantante principal. En 1998 decidiu crear o seu propio grupo xunto ao acordeonista Jimmy Zambrano, co que gañou un Grammy Latino na categoría de cumbia-vallenato en 2007.

Categoría:Músicos de Colombia Categoría:Cantantes de Colombia Categoría:Nados no departamento de La Guajira Categoría:Nados en 1967