Acontecementos Asia Época crítica na China debido a inundacións catastróficas, fames e epidemias. Xapón: os daimios convértense en nobres herdábeis, formando o estamento dos samurais.
América 22 de abril: as terras que hoxe son o Brasil son descubertas polos europeos, nunha expedición ó mando do navegador portugués Pedro Álvares Cabral. O plenipotenciario castelán Bobadilla chega á illa da Española, detén a Cristovo Colón e envíao para España preso. miniatura|250px|esquerda|Nao carraca de Pedro Álvares Cabral Europa
Dieta de Augsburgo: creación dun consello de rexencia para o Imperio alemán. Tratado de Granada: os reinos de España e Francia repártense en Italia o reino de Nápoles.
Ciencia e Tecnoloxía O alemán Peter Henlein inventa o reloxo de bolso, denominado "ovo de Nürenberg".
Arte e cultura Fundación da Universidade de Valencia. Juan de la Cosa traza o primeiro mapa das terras exploradas en América. Lucas Cranach o Vello é nomeado pintor de cámara do Elector de Saxonia.
Nacementos 24 de febreiro - Carlos I de España e V de Alemaña, emperador do Sacro Imperio, rei das Españas (m. 1558). 12 de abril - Joachim Camerarius, humanista e poeta alemán (m. 1574). 17 de maio - Federico II Gonzaga, duque de Mantua (m. 1540). 3 de novembro - Benvenuto Cellini, ourive e escultor italiano (m. 1571). Hernando de Soto, conquistador e explorador estremeño (m. 1542). Atahualpa, gobernante inca (m. 1533). Hans Sebald Beham, pintor e gravador alemán (m. 1550). Jacques Arcadelt, compositor franco-flamengo (m. 1568). Diego de Rojas, explorador e conquistador español (m. 1544).
Mortes 29 de maio - Bartolomeu Dias, navegador e descubridor portugués (n. 1450). 20 de xullo - Miguel da Paz, neto dos Reis Católicos e herdeiro de Portugal, Castela e Aragón. 21 de outubro - Go-Tsuchimikado, 103º emperador do Xapón (n. 1442).
Outros Historia ano a ano
Categoría:1500